GMH/ÍNDICE A-Z

168
1328, xaneiro, 19 (Seixalbo)
avinza

Avinza entre os clérigos do coro e Xoán Domínguez sobre a renda de 30 soldos de certos bens en Seixalbo.

ACOu, Clérigos do Coro, 140

Sabeam quantos esta carta virem que sobre contenda que era ontre Pero Eanes e Johan Moogo en nomme dos clerigos do coro da igleia d’Ourense cuios procuradores som da huna parte, et Johan Domingues marido de Maria Triigo morador en Montoscos, por sy da outra sobre razon de triinta soldos da boa moeda que estes Pero Eanes e Johan Moogo clerigos do coro am daver cada anno para senpre pollos beens que foron de Domingo Peres clerigo que foy do dito coro, dos quaes beens desian que o dito Johan Domingues tem huna leyra de viña e de chousa en termio de Porteiro que he friguesia de Sam Bereyxemo de Seyxalvo, sobre la qual leyra de viña e chousa disiam que poseram en couto con o moordomo por que lles non pagavan os ditos trynta soldos, a qual encouto o dito Johan Domingues agora con fiador por dereito e confessou que el tiña a dita vina e chousa. Et por se quitaren de custas et dannos e perdas que ontre elles poderian recreçer se andasem en preito, o dito Iohan Dominguez fez tal aviinça con Pero Esteves clerigo do dito coro que os ditos Pero Eanes e Johan Moogo feseron procurador en este pleito en nomme dos ditos clerigos do coro, conven a saber que este Pero Esteves da penson ao dito Johan Domingues ata dia de Pascoa primeira que vem e aqui pague aos ditos clerigos do coro os ditos trinta soldos da boa moeda que lles ficaron por pagar do outro anno que foy enna era de mill e tresentos e saseenta e quatro annos, e os que acharem por verdade que lles ficarom por pagar deste anno que ora foy que se fineçeo por estas kalendas ianeyras que ora forom descontando ende a novidade que acharen que os ditos clerigos ende levaron da dita vina enno dito anno que ora foy e lles pagara daqui en deante cada anno para senpre e os ditos clerigos do coro os ditos triinta soldos da boa moeda por dia de Sam Martiño de novenbro. Et o dito Johan Dominguez assi o outorgou e a conprir todo esto que sobre dito e, et obligou aos ditos clerigos do coro a dita leyra de vina e chousa que el tem enno dito lugar de Porteiro e todollos outros beens que el tem que foron do dito Domingo Peres por que aia cada anno para senpre os ditos trinta soldos da boa moeda segundo sobre dito he, et de mays renunçio que nunca por si nen por outro en noso nomme esto que sobre dito he nen disese ende o contrario en nehuna maneira en juiso nen fora del, e se o disesse outorgava que lle non valuese nen fose y oydo. Feita a carta en Seixalvo, dez e nove dias de janeiro, era de mill e tresentos e seseenta e seis annos. Tests. Pero Eanes de Calvos, Johan Eanes dito Buvalino, Lourenço Eanes omme de Aras Peres castelleiro moradores en Seyxalvo, Martin Peres d’Amoredo, Afonso Gomes alfagime, Gonçalvo de Calvos e Pero Martines moradores en Ourense en Fonte Arcada. Eu Johan Maçia notario jurado ennos coutos do bispo e da egleia d’Ourense pollo bispo e polla dita egleia que a estas coussas que sobre ditas son pressente foy e esta carta en myña pressença fiz escripvir e meu signal y puge en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da cortina de Sei[xalvo].