GMH/ÍNDICE A-Z

171
1328, setembro, 4
venda

Domingo Martínez, dito de Aguiar, carniceiro, véndelles a Pedro Iáñez, pixoteiro, e á súa muller, Dominga Iáñez dita de Montes, unha viña en Riazó, freguesía de San Breixo de Seixalbo, foreira de terza ao bispo, por 200 mrs.

ACOu, Bispo, 5

Sabean quantos esta carta virem que eu Domingo Martinez dito d’Aguiar carniçeyro, morador en Ourense na rua dos Brancos, por min e por toda miña voz vendo e logo por esta carta entrego a vos Pero Eanes pixoteyro morador en Ourense aa Cruz dos Ferreyros e a vosa moller Dominga Eanes dita de Montes e a toda vosa voz para senpre huna leyra de viña que ey na friiguesia de Sam Vereyxemo de Seyxalvo no lugar a que chaman Riaçoo, a qual iaz entre a de Lourenço Sanchez e a de Martin Perez dito Crespo e en fondo fer no rio e en çima entesta na de Johan Bravo. Vendovos a dita leyra con sas entradas e seydas e con todos seus dereytos e perteenças de foro de terça ao bispo d’Ourense e livre doutro enbargo, asy que vos e toda vosa voz aiades ela des aqui endeante en jur derdade para por senpre e façades dela toda vosa voontade livremente, ca outorgo que soon bem pagado de todo o preço que a min e a vos aprouvo por ela, convem a saber duzentos mor. da moeda portuguesa de que contan dez e seys par de diñeiros novos por tres mor. Et obligo min e todos meus beens gaanados e por gaanar a defender vos e toda vosa voz senpre a dereyto con a dita leyra. Et renunçio que nunca viña contra esto que sobredito he nen posa dizer o contrario delo por min nen por outre en juyzo nen fora del. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este vendiçon sobre dita que vos eu faço de meu grado veer en parte ou en todo aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por nome de pena çen mor. e a vos ou a vosa voz outros tantos e a dita pena pagada ou non esta carta e vendiçon sobre dita fique senpre firme e en seu revor. Feyta a carta en Ourense, quatro dias de setenbro, era de mill e trezentos e seseenta e seys annos. Tests. que a esto forom presentes Martin Dominguez correeyro da rua das Chousas e Johan Savaschante da Praça e Fernando Escrivam notario d’Ourense moradores en esa çidade.

Eu Lourenço Dominguez notario jurado en Ourense porlla egleia dese lugar foy presente a esto que sobre dito he e escrivio e puge aqui meu nome e meu signal en testemuyo de verdade que tal e.

(sinal)