GMH/ÍNDICE A-Z

247
1341, xaneiro, 24
requirimento

Lopo Sánchez, procurador do cabido, presenta a Xoán Rodríguez Chico unha carta de fronta para que labre ben unhas herdades foreiras ao cabido en Seixalbo, que tiña deixadas a monte.

ACOu, Escrituras VI, 50


Sabean quantos esta carta de fronta vyren que commo en presença de min Fernan Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense jurado pola ygleia desse lugar e das testemoyas adeante escritas, Lopo Sanches avogado e procurador do cabidoo da ygleia d’Ourense en nomme do dito dayan e cabidoo frontando disso a Johan Rodriges Chico çidadao d’Ourense que commo el tevesse erdades de vynas e huna pressoria que dizen de Martin Limiao, que jazen en termio de Seyxalvo que eran foreyras do dito cabidoo e que as erdades que eran colleytas a monte por mingoa de lavor e de boo paramento e que o dito cabidoo que perdeo o dereyto que delas avya daver pelo mao paramento que ouveran as ditas erdades, por ende frontou a o dito Johan Rodriges que lavrasse e parasse ben as ditas erdades e as tornase en boa revor commo o dito cabidoo ouvesse o seu dereyto, senon que soubesse que o dito cabidoo reçeberia as ditas erdades, protestando que a salvo ficase ao dito cabidoo seu dereyto para cobrar por el e por seus beens todo quanto perderan do seu dereyto das ditas erdades polo mao paramento que ouveran. Et Johan Rodriges disso que lle prometeran que lle tornarian as erdades de quinta. Et o dito Loppo Sanches en nome do dayan e cabidoo pedío a min notario huun estormento, et eu de meu offiçio deylle ende este, que fuy feyto en Ourense, viinte e quatro dias de janeyro, era de mill e trezentos e satenta e nove annos. Testemoyas que a esto foron presentes Ruy Peres Chico, Fernan Eanes dito Torreyro, Fernan Peres correyro.

Et eu Fernan Gonçalves notario sobre dito que a esto presente fuy e o escrivi e meu signal y puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Frontas que fezeron aos omes de Seyxalvo por los herdamentos que non lavran.