GMH/ÍNDICE A-Z

78
1311, febreiro, 7
venda

Martín Iáñez e a súa muller, Sancha Afonso, véndenlle a mestre Xoán (de Solbeira), cóengo, dúas viñas en Riazón (termo de Seixalbo), foreiras de cuarta ao bispo, por 200 mrs.



ACOu, Bispo, 18

Eno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que eu Martin Anes morador en Ourense na rua de Pennavigia, presente Sancha Affonso mia moller e outorgante, vendo e entrego para senpre per esta carta a vos meestre Johan coengo d’Ourense morador enna rua da Pumar duas leyras de vina que eu aio e a min perteençe en termio de Seyxalvo enno lugar que chaman Rioçoon, das quaes huna iaz entrelas leyras da dita mia madre Moor Eanes da unna parte e da outra e entesta na seara de Raayro de Pero Reymondez e de Pay Aras e en fondo fer na seara do cabidoo que ten Pero de Canba, et a outra leyra iaz ontre outra vossa leyra e outra da dita mia madre da unna parte e da outra e entesta entre outra vossa leyra e fer en fondo en outra leyra desta mia madre. Vendo a vos as ditas leyras de foro de quarta ao bispo e livres de todo outro enbargo que vos e toda vossa voz as aiades e pessuyades daqui endeante en jur de herdade para senpre e façades delas livremente toda vossa voentade que quer que a vos apraza. Ca outorgo que reçebi de vos todo o preço que a min e a vos por ellas aprouvo, conven a saber duzentos mor. de brancos da moeda del rey dom Fernando contado xvi par de diñeiros por tres mor. Et logo todo jur, dereito, señorio, possisson, propriedade que eu ey nas ditas leyras todo o tollo de min e de toda mya voz e meto vos e toda vossa voz en corporal possisson dellas por esta presente carta que ende mando fazer. Et outorgo a anparar e deffender vos e toda vossa voz con a dita vendiçon a dereito per min e per todos meus beens gaañados e por gaañar. Et se as ditas leyras agora mays valen ou valuerem en alguun tenpo ca este preço que eu de vos reçebi, aquella mayoria dou volla en doaçon por moyto amor e aiuda que de vos reçebi que val mays ca esto. Et quen quer que contra esta vendiçon que eu a vos faço veer aia a yra de deus e a mia maldiçon e peyte a vos ou a vossa voz o preço doblado e a voz del rey de pena c mor. da boa moeda e a carta fique firme en seu revor para senpre. Feyta a carta en Ourense, vii dias de fevereyro, era de mill e ccc e xlviiiiº annos. Tests. que presentes foron a esto Miguel Eanes clerigo, Fernando Peres e Tome Peres de Seyxalvo, Martin Peres e Pero Eanes omes de meestre Iohan sobre dito.

Et eu Affonsso Eanes notario jurado por el rey en Ourense que a esto presente foy e en miña presença o fige escrivir ante min e meu signal y puge en testimoyo de verdade que tal est.

(sinal)