GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

75
1310, novembro, 25
testamento

Testamento de Fernando Iáñez de Ourense, alcalde do rei en Monterrei e xuíz na Limia.



ACOu, Escrituras II, 41

Era de mill e ccc e quarenta e nove annos, viinte e seys dias de jullio. Conusçuda coussa seya commo en pressença de min Duran Fernandez notario jurado en lugar de Fernan Fernandez notario pubrico del rey en Monterrey e en valle de Laça e das testimonias que aqui son escriptas, Martin Fernandes fillo de Fernan Eanes alcalde del rey que foy e morador en Monterrey, pedío a min notario sobredito que un testamento que este Fernan Eanes alcalde fezera per ante notario, o qual testamento eu tiiña çerrado e seelado con el seelo do dito Fernan Eanes que eu que o abrisse e o metesse en pubrica forma e desse ende a el o traslado (...) meu signal (...) notario sobredito dixo que llo non daria ata que veesse o arçidiagoo de Cornado don Johan Eanes que era cabeçal e conplidor do dito testamento a que me mandara Fernan Eanes e que o desse (...) de Monterrey e a Matheos Migueez arçipreste de Baronçelle que me costrengessen que llo desse ca o tenpo a que se avia de pubricar passavasse, ca el dezia que era cabeçal de Fer(...) do dito arçidiago per que lle enviasse o traslado do dito testamento. Et o sobredito juyz mandou a min notario per se[n]tença de juyzo. Et o arçipreste mandou (...) testamento que eles viron çerrado con tres seelos pendentes con o seelo do dito Fernan Eanes en hun cordon cardeo e o pubricasse seendo nos tendaes das casas que foron do dito Fernan Eanes na vila de Monterrey hu ele jazia sepultado e o metesse en publica forma e desse del o traslado a este Martin Fernandez, e desse outro traslado a donna Mariña muller que foy do dito Fernan Eanes que estava presente e o pidío, et desse outro traslado ao dito arçidiagoo et desse a cada hun o que lle perteençesse su meu signal. Et eu por mandado deste arçipreste e deste juyz abrí o dito testamento e metío en publica forma, o qual logo foy leudo por ante estes juyzes e por ante Martin Fernandez e donna Mariña, do qual testamento o tenor tal este:

Enno nome de deus amen, era de ccc e quarenta e oyto anos e vinte e çinco dias de novenbro. Esta he a manda que eu Fernan Eanes d’Ourense alcalde del rey e por el en Monterrey e seu juyz en Limia faço por razon de (...) ey no meu corpo e temendome de meu passamento, dou mia alma a deus e a Santa Maria sua madre que a aia en seu poder, e mando soterrar meu corpo ena igleia de Santa Maria de Monterrey escontra un cabo do altar. Et mando fazer o altar e açerca del mando fazer un arco ena parede da igleia e que façan y hun moymento e que me deyten y. Et en este altar que digan cada dia para por senpre (...) Sancho a que deus perdon e pola mia, e mando que façan este arco pintar e lavrar de meus signaes. Et para esta capela mando a seara da Fonte ende o meu quinon e mandolle ay(nda o) baçelo que foy de Matheos Miguez que está cabo da seara da Fonte que parte con Tereixa Perez. Et mando a esta capela a cassa que foy de Pero Alvelo que está cabo da igleia de Santa Maria de Monterrey (...) que colla seu viño. Iten lle mando un dos meus lagares de Arrevaldo con a meadade da cassa. Iten lle mando quatro cubas en que colla o viño, duas de dez |dez| moyos e d(uas de) çinco. Et mando que den para esta capela un calez de plata e vistimenta conprida daquelo que ouver mester. Et mando que den ao capelan un leyto perfeyto. Et mando e quero que esta capela que a teña Di(ego Affonso) capelan en seus dias e a morte desse Diego Affonso fique aa igleia de Santa Maria de Monterrey e que o que ende for prelado que faza dizer missa cada dia en este altar commo sobredito he (...) assi non o quiser fazer e conprir assi commo eu mando que estas coussas que eu mando aa capela mando que se tornen a meu heree que o mande fazer. Iten mando que os herdamentos que foron de fillos de Fernan Fernandez (...) vendan e que den os diñeiros deles para a obra da igleia de Santa Maria de Monterrey pola alma desse Fernan Fernandez e pola miña. Iten mando y demays para esta obra para se fazer a parede do arco que (y) mando de fazer quinentos mrs. de portugueses. Iten mando que por hun ano que leven cada dia oferta que monte dous mrs. de portugueses cada dia aa igleia de Santa Maria de Monterrey pola mia alma. Iten mando que digan en esta igleia de (Santa Maria) de Monterrey pelos meus beens dez anaes por mia alma e daqueles que ouve alguna coussa e non sey quen xa son. Iten mando a todolos clerigos que y veeren sobre mia sepultura seys mrs. a cada (un) aos mooziños dous mrs. a cada un. Iten mando aa igleia de San Martiño d’Ourense o cassal que foy de Pero Balteiro d’Osoño e o cassal que foy de fillos de Rodrigo Sanchez que son en Ossoño, sacado as cassas (...) que foron de fillos desse Rodrigo Sanchez. Iten mando a esta igleia de San Martiño d’Ourense mill mrs. de portugueses. Iten mando aa dita igleia de Santa Maria de Monterrey a viña da Quadrela que foy de (...) lo que está cabo do porto yndo para Vilela por razon da mea querela que ouve dessa igleia que jaz na mia cortiña de Poonbar. Iten mando aa igleia de Santa Trinidade (...)lo o viño que eu e mia conpaña y despendi trezentos mrs. Iten mando ao moesteiro de San Françisco d’Ourense para a obra duzentos mrs. Iten mando ao moesteiro de San Françisco de Monterrey para a obra trezentos mrs. Iten mando aa igleia de Queyçaens dous moyos de pan e dous moyos de viño. Iten mando ao mosteiro de Vilaça (...) moyos entre pan e viño. Iten dou por mia alma aas igleias de Cabreiroaa e de Santa Maria de Rossela e de Santa Cristina de Tintores as hereenças que eu en elas ey, que llas non demanden meu heree nen outren de mia parte. Iten mando ao altal de Santiago de Conpostela çinquenta mrs. de brancos. Iten mando aa igleia de Revoredo (oytenta) mrs. Iten mando aa igleia de Gondulfez çinquenta mrs. Iten mando a Martin Fernandez meu fillo a seara do Vimieyro que ey de Çelanova con todas las outras cousas que ey en Paaços, assi viñas commo cassas. Iten mando a este Martin Fernandez os dereitos que eu ey na igleia de Santestevoon de Tras Estrada e os da Tavoada. Iten mando que aya este Martin Fernandez livres e quites todalas conplas que el fezo. Iten lle mando o meu lugar de Vilela. Iten lle mando as cassas sobradadas de Monterrey en que moro sacadas as de fondo das tullas e as da cavalariça. Iten lle mando o meu livro de Leon. Et mandolle a este Martin Fernandez que aya todalas armas que eu ey salvo o meu escudo, que mando poñer sobre min. Iten mando a este Martin Fernandez a adega pequena que está cabo das cassas que foron de Pero Rodrigues con as cubas que en ela seen sen o viño, que son oyto cubas. Iten lle mando duas tinallas. Et todas estas cousas que mando ao dito Martin Fernandez mandollo por tal condiçon que el que teña en sa vida un capelan que diga cada dia missa por mia alma e pola del rey don Sancho e a sa morte se o dito Martin Fernandez ouver fillos liidimos mando que lles fique e que façan dizer cada dia missa por mia alma e pola del rey don Sancho. Et se per aventura o dito Martin Fernandez non ouver fillo liidimo ou filla mando que fique a meu heree que o faça fazer commo dito é. Iten mando ao moesteiro de Servoy a mia cuba carvalliça e outra cuba de doze moyos sen o viño. Iten lle mando a este mosteiro de Servoy çinqoenta mrs. Iten mando a Johan Fernandez meu sobriño todalas cassas e forno e todo o herdamento que foron de mestre Pedro meu yrmao que son en Ourense e en seus terminos, as quaes casas e forno e herdamento avia de ficar a sa morte deste mestre Pedro ao arçidiagoo don Johan Yanes nosso yrmao per cartas que ende avya con el. Iten mando a este Johan Fernandes a viña da Caal e a do Chaguaçal que foron de Martin Perez. Iten lle mando a viña da Fonte do Monte que foy de Pero çapateyro. Iten lle mando a viña de Tras lo Castelo que foy de Fernando sobriño de Fernan Pays Palla. Iten lle mando a meadade das cassas da Corredoyra que foron de donna Esteveyña, pero que mando que teña Elvyra Eanes mia yrmaa en sa vida as cassas pequenas en que mora e a sa morte que fiquen ao dito Johan Fernandez. Et estas cassas e herdamentos que mando a este Johan Fernandez son en Ourense e en seus terminos. Iten mando a Elvyra Eanes mia hirmaa os moynos da Loña que eu hy ey cabo da vila d’Ourense e o cassal que ey en Santosseve que os teña en sa vida e a sa morte mandoque fiquen ao dito Johan Fernandes meu sobriño. Iten mando a Maria Padroa mia mançeba as cassas e a cortiña que foron de fillos de Rodrigo Salvadorez que estan en Ossoño e o cassal que foy de Ruy Vasquez cavalleiro e huna leyra que trage don Iagos, que foy deste Ruy Vasquez, que son eno dito lugar. Et mando que den a esta Maria Padroa hun jugo de boys que son meus que y andan e duas vacas. Iten mando que se esta Maria Padroa quisser entrar en orden e quisser ante mill mrs. de portugueses ca esto que lle eu mando que llos den se ela leyxar esto que lle eu mando. Iten mando a Vasco Perez meu coyrmao mill mrs. para ayuda se se quisser meteer en orden. Iten mando a Johan Aras meu sobriño fillo de Nuño Eanes para ayuda para cassamento mill mrs. Iten mando a Lourenço meu criado trezentos mrs. Iten mando a Rodrigo Affonso meu criado trezentos mrs. Iten mando a todolos meus homees que lles den a todos de vestir, aqueles que soen trager de valançinas que lles den capas e sayas de valançinas e os que soen trager doutro pano que lles den sayas de valançinas e çerames segoviaos. Iten mando aas mias mançebas que soen trager de valançina que lles den señas sayas de valançina e aas outras que a non soen trager que lles den señas sayas de picote. Iten mando que paguen aos azemileyros suas soldadas e que lles den señas sayas de valançina. Iten mando a Fernan Padron meu criado çent mrs. Iten mando a Miguell seu yrmao çinquenta mrs. Iten mando que se vendan todolos panos de meu corpo e que den os diñeiros deles en pannos a pobres. Iten mando ao omme das Travancas que prendeo Lourenço Eanes e Fernan Carrazedo duzentos mrs. Iten mando a Martin do Viño mill mrs. e que colla quanto de min ouve e el que me perdoe o que eu del ouve. Iten mando a Affonso de Gaança trezentos mrs. e que de conta daquelo que de min ha. Outrossi mando que todos aqueles e aquelas que veeren e mostraren que lles eu alguna coussa devo ou lles tomey commo non devia, que lles seya entregado todo, e se disseren alguuns ou algunas que foren omees de boa fama que lles eu algua coussa devo ata çinquenta mrs. mando que lles seia entrego a cada hun. Iten mando a herees de Dº Salvadorez trezentos e çinquenta mrs. que osmo que lle devia. Iten mando a herees de Pero Sanchez quatroçentos mrs. Iten mando que os dineiros que me devya Pero Carrazedo que llos non demanden. Iten mando que os dineiros que me devia Fernan Domingues meu coyrmao que llos non demanden. Iten mando que os mill mrs. de seysseens e de coroados que me devia Estevoon Carta de Ribadavia que lle non demanden mays ca os seteçentos ca ouve eu a el trezentos. Outrossi mando que os trezentos mrs. de seysseens que me devia Aras Fernandez d’Ourense de que ten Martin Domingues çapateiro d’Allaris de min o plazo desto e do al que me deve e de quanto por min recabdou mando que dey conta a meu heree e mando que lle quiten ende çent mrs. Iten mando que o calez que se na mia arca que o den ao moesteiro de Vilanova de Dacon e que paguen por el mill soldos de coroados e de seysseens e entreguen as novidades que levou de min do cassal de Barrela. Iten mando aos moesteiro de Santa Clara d’Allariz por razon de Maria Fernandes mia filla que y está e que non enbarguen os outros meus beens os quatro mill e quinentos e quarenta e dous mrs. de brancos que teen de min en guarda en esse moesteiro. Iten lle mando dous mill mrs. de seysseens e de coroados que seen na hucha verde dos signaes daguyas que se no dito moesteiro de Santa Clara e a plata que en ela se. Et esto que o aya por razon de mia filla Maria Fernandez, que entrou en este moesteiro contra mia voontade, e que non enbargue meu heree por rason de meus beens. Et mando que se o dito moesteiro quisser enbargar por alguna rason meus beens, que estes mrs. e plata que lle eu mando que os den e entreguen a meu heree e que perça mia herença e o dereyto que avia nos meus beens por que y entrou sen meu mandado e por que a elas reçeberon enviandolles eu faser frontas que a non reçebessen e que a leyxassen seyr, poys que ela non era de ydade. Iten mando a Esteveyña mia criada, filla de Maria Brava,

Duran (sinal) Fernandez notario Duran Fernandes (sinal) notario

a cortiña do Ponbar e a viña que foy de donna Dominga commo ven susso con o baçelo. Iten lle mando a adega da Pedreyra con quatro cubas de dez |dez| moyos. Iten lle mando un dos meus lagares de Arravaldo con a meatade da cassa. Iten lle mando mill mrs. de portugueses que lle tragan a guaño ata que veña a ydade. Et estas coussas sobreditas lle mando por tal pleito que se pela ventura a dita Esteveyña morrer sen seme que fique a meu heree e as den por mia alma e del rey don Sancho a que deus perdon. Iten mando ao moesteiro de Montederramo a mia cortiña que está no Toural, a qual eu conprey de Estevoon Eanes. Iten mando a Gomez Eanes d’Astariz, que me perdoe o que eu del ouve, quinentos mrs. Et mando a Mariña Fernandes dez mill mrs. de portugueses e que seia conteenta per eles por rason dalgunas coussas que eu con ela guañey en Ourense e en Monterrey e que non demande ninhuna coussa dos meus beens por ninhuna rason. Et esto he por rason de muytas coussas que ela tomou do meu contra mia voontade assi commo non devia. Et se pela ventura a dita Mariña Fernandez quisser demandar alguna coussa dos meus beens por alguna rason mando que perca estes dez mill mrs. de portugueses que lle eu mando e que meu heree lle demande aquelas coussas que ela do meu levou contra mia voontade e commo non devia e que aya dereito sobrelos meus beens se os ela demandar. Et mando que estas mandas que eu faço en este meu testamento que son en dineiros que se entendam de diñeiros portugueses. Et que meu heree que o cunpla de diñeiros portugueses, salvo os çinqoenta mrs. de brancos que mando ao altar de Santiago.

Et faço meu heree e meu conpridor en todolos meus beens assi moveles commo rays o arçidiagoo don Johan Eanes meu yrmao, e que cunpla este testamento polos meus beens e sen seu danno assi commo dito he.

Et outrossi mando e quero que este seia meu testamento e mia postrimeira voontade e prometo aa boa fe de non viir contra ela. Et si pela ventura eu algun testamento fiz ante daqueste mando que non valla e se o fezer des aqui endeante assi que non valla senon este. Ca esta he mia voentade que o arçidiagoo don Johan Eanes meu yrmao que seia meu heree e conplidor de meu testamento.

Iten mando a Ynes mia criada filla do abbade de Vilaça a myña viña de Requeyxo que foy de Pero Nicolas.

Iten mando a Fernand Mendez de Queyçaens hun vasso de plata dun marco.

Iten mando ao dito Martin Fernandez meu fillo dous vassos de seños marcos de plata.

Eu Fernan Eanes alcalde del rey este testamento mandey escriver e y puge meu nomme con mia mao por seer mays estavyl. Fernan Eanes.

Tests. que foron pressentes quando Fernan Eanes outorgou esta manda o cardeal don Marcos Perez de Santiago, Pay Aras e Fernan Ares, mestre Johan d’Oureense, Garçia Paiz de Santiago, Joan Fernandez escrivan do arçidiagoo don Johan Yanes, Lopo Perez mercador de Santiago e outros.

Tests. que viron çerrado este testamento e o viron leer Maçia Yanes, Martin do Viño, Diego Affonso e Martin Fernandes clerigos, Affonso de Vilaça, Johan Rodrigues de Paaços, Vasco Peres cavalleiro e Gonçalvo Rodrigues e Pero Eanes cavalleiros e Johan Yanes mercador, Vivian Martines e Salvador Lourenço e Miguell Martines e Gil Perez clerigos, Estevo Martines, Fernan Domingues e Johan Guyllen escrivaens, frey Johan da Granya de Tamagoons, Pero Garçia ayo, Johan Munyo andador, Giraldo omme de Martin Fernandez, Pero Lourenço vogado e outros muytos.

Et eu Duran Fernandez notario publico en lugar de Fernan Fernandes notario publico del rey en Monterrey que esta carta deste testamento en mia presença fiz escrivir e en ela fiz meu signo que tal este.

(sinal)

Este testamento he escrito en duas tiras de pergameo de coiro e é cosseita con huna liña branca e ten tres meus sinaes e meu nome que fillan danbas as tiras.

[reverso] Testamento de Fernand Yanes alcalde de Monterrey.

Cartas perteeçentes a Iohan Fernandes de Monterrey.



Materias

abade; adega; aio; alcalde; alimentos; altar; andador; aniversario; arca; arcediago; arcipreste; arco; armas; arrieiro; audiencia; auto xudicial; avogado; bacelar; banca; beneficio; bieita; bieito; boi; branca; cabaleiro; cabido; cáliz; cama; canon foral; capas; capelán; cardeal; carro; casas; catedral; cisterciense; clarisa; cóengo; comercio; compañía; construción; convento; cordón; coroado; cortiña; crego; cumpridor; cuñada; cuñado; cunca; curmán; curral; débeda; depósito; dote; embargo; escribán; escritura; escudo; esmola; esposa; esposo; fábrica; familia; fidalgo; filla; fillo; fonte; forno; Foro Xuzgo; fortaleza; frade; franciscano; fundación; gando; gran; heráldica; herdanza; igrexa; intercambios; irmá; irmán; lagar; leira; libro; madeira; manceba; marabedí; menor; mercador; mestre; misa; monxa; monxe; mosteiro; moza; mozo; muíño; muller; olaría; orde de San Bieito; orde do cister; orde dos irmáns menores; ornamentos; pai; pan; panos; párroco; pedra; pergamiño; pintura; pobre; porto; prata; preito; preso; prisión; publicación; querela; recadador; rei; relixioso; requirimento; roupa; saia; seara; secretario; selo; sepultura; sinatura; sobriño; socia; socio; soldos; tenente; testamenteiro; testamento; tía; tío; tonel; traslado; tulla; ucha; vaca; venda; viña; viño; violencia; viúva; voda; xenealoxía; xornal; xugo; xuíz; xurisdición; zapateiro; notario

Persoas

Afonso de Ganza; Afonso de Vilaza; Ares Fernández de Ourense; Diego Afonso, capelán; Diego Afonso, crego; Domingos Salvadorez; don Iago; don James; dona Dominga; dona Esteveíña; dona Mariña; Elvira Eáns; Esteveíña, criada; Estevo Carta de Ribadavia; Estevo Eáns; Estevo Martínez, escribán; Fernando Ares; Fernando Carracedo; Fernando Domínguez; Fernando Domínguez, escribán; Fernando Eáns de Ourense, alcalde do rei en Monterrei; Fernando Fernández; Fernando Fernández, notario; Fernando Méndez de Quinzás; Fernando Padrón, criado; Fernando Paez Palla; frei Xoán da Granxa de Tamagos, monxe; García Paez de Santiago; Gómez Eáns de Astariz; Gonzalo Rodríguez, cabaleiro; Inés, criada; Lopo Perez, mercador; Lourenzo; Lourenzo Eáns; Macías Eáns, crego; Marcos Pérez de Santiago, cardeal; María Brava; María Fernández; María Padrón; Mariña Fernández; Martiño do Viño; Martiño Domínguez, zapateiro; Martiño Fernández; Martiño Fernández, crego; Mateo Miguez, arcipreste de Baroncelle; mestre Pedro; mestre Xoán de Solbeira, cóengo de Ourense; Miguel; Miguel Martínez, crego; Nuno Eáns; Paio Ares; Pedro Alvelo; Pedro Balteiro de Osoño; Pedro Carracedo; Pedro Eáns, cabaleiro; Pedro García, aio; Pedro Lourenzo, avogado; Pedro Rodríguez; Pedro Sánchez; Pedro, zapateiro; Rodrigo Salvadorez; Roi Afonso, criado; Roi Sánchez; Roi Vázquez, cabaleiro; Salvador Lourenzo, crego; Sancho IV, rei de León e Castela; Tareixa Pérez; Vasco Pérez; Vasco Pérez, cabaleiro; Vivián Martínez, crego; Xil Pérez, crego; Xiraldo, home de Martiño Fernández; Xoán Ares; Xoán Eáns, arcediago de Cornado; Xoán Eáns, mercador; Xoán Fernández; Xoán Fernández de Monterrei; Xoán Fernández, escribán; Xoán Guillén, escribán; Xoán Munio, andador; Xoán Rodríguez dos Pazos; Durán Fernández, notario

Outros

San Francisco de Ourense, convento; Castela, reino; Ourense, cabido; Ourense, diocese; San Pedro de Vilanova de Dozón, mosteiro; San Salvador de Celanova, mosteiro; San Salvador de Vilaza, mosteiro; San Xoán de Servoi, abadía; Santa Clara de Allariz, convento; Santa María de Montederramo, mosteiro; Santiago de Compostela, cabido; Monterrei, concello

Lugares

Allariz; Allariz, Santa Clara, mosteiro; Arrevaldo; Astariz; Baroncelle, arcediagado; Barrela; Cabreiroá, San Salvador; Cal, A; Castelo Ramiro; Celanova; Chaguaçal; Cornado, arcediagado; Fonte; Fonte do Monte; Gondulfes; Laza; Limia. Antiga xurisdición e arcediagado.; Lonia; Montederramo, mosteiro; Monterrei; Osoño; Ourense; Paaços; Pedreira, A; Poonbar; Quadrela; Queizás, San Pedro; Rasela, A, Santa María; Reboredo; Requeixo; Ribadavia; Santiago de Compostela; Santo Osebio; Servoi, San Xoán. Antigo mosteiro; Tamagós; Tavoada; Tintores, Santa Cristina; Toural; Tras o Castelo; Trasestrada, Santo Estevo; Travancas; Vilanova de Dozón, San Pedro. Antigo mosteiro; Vilaza, San Salvador. Antigo mosteiro; Vilela