GMH/ÍNDICE A-Z

236
1339, agosto, 11
foro

Os clérigos do coro afóranlles a perpetuidade a Afonso Rodríguez, dito Branco, e á súa muller, María Fernández, un soar no Outeiro por 50 soldos.

ACOu, Clérigos do Coro, 17

Conoçuda cousa seia a quantos esta carta viren como nos Pero Lourenço et Pero Martinez contadores e procuradores da universidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense por outorgamento da mayor parte da dita universidade que presente está, damos a foro a vos Affonso Rodriguez dito Branco e a vossa moller Maria Fernandez e a toda vossa voz para senpre hun soar de casa que está no Outeyro, que he dos ditos clerigos, o qual soar lles a elles Aldonça Affonso deu por sua alma e de Fernan Ares seu fillo e de seus devedores, o qual soar está ontre a casa de Ruy Perez mercador e outra casa que foy de Gonçalvo Tacano e en cima entesta na casa do bispo e ten a porta no camino que vay para ponte do Outeyro. Este soar vos afforamos para senpre por tal condiçon que diades cada ano de foro a os ditos clerigos da dita universidade çinquoeenta soldos de brancos contados quatro diñeiros por tres soldos, por dia de Sam Martino, e livre e quite doutro embargo salvo de fumagen se a y ouver. Et se quiserdes vender ou deytar ou empenorar o dito soar ou casa se a y fezerdes que os ditos clerigos seian ante frontados, et se elles non quiserem conprar ou obligado receber, que enton vendades ou obliguedes a atal home que seia semellavil de vos e que pague o dito foro em paz aos ditos clerigos sen outro embargo nenhuun. Et eu Affonso Rodriguez sobre dito recebo en min o dito soar en nome de min e da dita mina moller, et obligo min e todolos meus bees gaanados e por gaanar a conprir e pagar e aguardar todalas condiçoens sobre ditas e cada huna dellas en quanto sobre dito he. Et renuncio que nunca desto possa dizer o contrario por min nen por outre. Et outrossy renuncio foro, ferias, huso e custume, demanda en scripto e trallado desta carta e termio para avogado e todallas razoens e excepçoens et deffenssoens que por min poderia aver que me non vallan en juyzo nen fora de juyzo. Feyta a carta en Ourense, xi dias dagosto, era de mill e ccclxxvii annos. Testemuyas que presentes foron Domingu’Eanes capellan de Santa Ouffemea, Lourenço Eanes Perequino, Johan de Trella, Lourenço Eanes de Sorveira e outros moytos da dita universidade que eran presentes.

Et eu Pero Martinez notario jurado na cidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e estas cartas partidas por .a.b.c. con mina mao scrivi e meu synal en ellas puge que atal he en testemuyo de verdade

(sinal)