GMH/ÍNDICE A-Z

507
1399, novembro, 20 (Santa Ouxea)
foro

O cabido afóralle a perpetuidade a Pedro Iáñez da Omaia, Gonzalo de Trella e Lourenzo Domínguez dúas leiras de herdade e monte en Santa Ouxea, coa condición de plantar viña no monte en catro anos, por quinta.

ACOu, Escrituras XVIII, 42

Sabean quantos esta carta viren commo eu Ares Fernandes chantre enna igleia d’Ourense e teedor da renda de Santa Ougea que perteeçe ao cabidoo da dita igleia d’Ourense, por min e en nomme do dito cabidoo e por poder que para elo ey por Françisco Yanes notario d’Ourense por quen esta carta he feyta, dou e outorgo a foro a vos Pero Eanes d’Oomaya ennas duas quintas partes e a vos Gonçalvo de Trella en outras duas quintas partes e a vos Lourenço Domingues enna huna quinta parte, moradores enno dito lugar de Santa Ougea que sodes presentes e a todas vossas voses para senpre, conven a saber que vos dou a foro duas leyras de herdade e monte que jasen enno dito lugar de Santa Ougea que perteeçen ao casar que foy de Sancha Monis, das quaes a huna delas a sobrela viña do Canpo que ten Johan Peres de Santa Ougea e en çima entesta en outra herdade e monte do casar do Mato commo vay topar enno souto de Soutelo e da outra yllarga parte porlo camiño do casar do Mato que vay de Santa Ougea para Mugares, et a outra leira jas ao souto de Santa Ougea commo parte por fondo porlo camiño que vay de Santa Ougea para San Lourenço e en çima entesta enno camiño de Louredo que vay de Santa Ougea para Louredo e da outra yllarga parte por lo baçelo de Gonçalvo do Lageeyro que he do casar de Moor Peres et da outra yllarga parte con outra herdade e monte do casar de Johan Peres. Aforo vos as ditas duas leiras de herdade e monte segundo que son demarcadas con todas suas entradas e seydas, dereitos e perteenças con tal pleito e condiçon que as chantedes de viña en estes quatro annos primeiros siguentes, et non as chantando de viña ennos ditos quatro annos que percades o chantado por lo por chantar, et lavredes e paredes ben commo non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento e façades delas foro de quinta do viño e conposta que deus en elas der, a conposta na viña e o viño no lagar, o qual avedes de coller por meu homme ou do que tever a renda do dito lugar de Santa Ougea, ao qual avedes de proveer de comer e de beber comunalmente segundo costume da terra, e seeredes vasallos serventes e obidientes. Et se ouverdes de vender o[u] deytar ou enallear ou supiñorar vos ou qual quer de vos as ditas leiras de vinas ou alguna delas que primeiramente frontedes con elas ao dito cabidoo ou ao que tever a dita renda de Santa Ougea por el e lles las dedes por lo justo preço, et non nas querendo eles estonçe que as vendades ou deytedes a atal pessoa que seja semellable de vos que lavre e pare ben e pague o dito foro e conpra e agarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et outrossy he posto que non façades por las ditas leiras manda nen aniverssario alguun a igleia nen a mosteiro nen a lugar santo nen de religion salvo ao dito cabidoo se quiserdes. Et se pleito ou contenda recresçer sobrelas ontre vos e o dito cabidoo que se determie ontre as ditas partes por dous omes boons do dito cabidoo tomados a praser das partes sen outra apelaçon remota. Et obrigo os beens do dito cabidoo para vos e todas vossas voses seerdes anparados e defesos a dereito con esto que vos assy aforo. Et nos os ditos Pero Eanes et Gonçalvo de Trella e Lourenço Domingues que somos presentes por nos e por todas nosas voses de pus nos asy resçebemos de vos o dito chantre as ditas leiras de herdade et monte a foro para senpre por la maneira e condiçoens sobre ditas e obrigamos todos nossos beens gaanados e por gaanar para chantar as ditas duas leiras de viña e lavrar e parar ben e pagar o dito foro e conprir e agardar todas las condiçoens desta carta e cada huna delas segundo que se en ela conten. Et qual quer de nos as ditas partes que contra elo for ou passar que peyte de penna aa outra parte que o conprir e agardar quiser dusentos mor. da moeda usual, et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Et desto nos as ditas partes mandamos faser duas cartas anbas de huun tenor et que den a cada huna das partes a sua. Feyta a carta enno dito lugar de Santa Ougea, quinta feyra, viinte dias do mes de novenbro, anno do nasçemento do nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e nove annos. Tests. que a esto presentes foron Meen d’Ares coego d’Ourense e Johan Brooño dobreiro et Lopo de Sarria omme do dito chantre et Gonçalvo Eanes de Santa Ougea fillo de Domingo Eanes que foy, moradores en Ourense e outros.

Et eu Françisco Yanes notario publico da çidade d’Ourense e dos coutos do bispo por lo bispo e por la igleia desse lugar a esto que dito he presente foy e esta carta que ende dey ao dito chantre escrivi et aqui meu nomme e signal puge en testimonio de verdade que tal he.

(sinal)