GMH/ÍNDICE A-Z

461
1392, agosto, 18
foro

Xoán Fernández, capelán da capelanía de Eufemia Cacha, afóralles a perpetuidade ao notario Afonso Pérez e á súa muller, Lourenza, unha herdade no Couto, por 3 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 35

Sabeam quantos esta carta viren que eu Johan Fernandes capellan (da igleia ...) da capella que ordenou Oufemea Cacha por liçençia et outoridade de Gonçalvo Martines coengo d’Ourense et vigario geeral (...) Diego porla graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que he presente e outorgante et me da poder (...) dou e outorgo a foro a vos Affonso Perez notario d’Ourense morador enna rua dos Çapateiros et a vossa moller (Lourença ...) todas vossas vozes para senpre huna leyra derdade que iaz en canpo peça de tenpo ha, que a dita miña capella ha e lle perteençe (...) lugar hu chaman o Couto, a qual leira derdade e de canpo parte dun cabo con outra herdade que jas en canpo que he do cabidoo da igleia d’Ourense (...) aa renda da Pena, et do outro cabo parte con huna leyra de viña de Gonçalvo Yanes das Tendas e con outra viña de Gonçalvo Anes d’Alongos que foi de Martin Fernandes das Traves et topa en çima enna congostra vella que sal de Porto Carreiro e vay para o canpo do Couto et fere en fondo enna congostra que vay para (...) e a viña que lavra Françisco alfayate. Aforo vos a dita leira derdade con todas suas entradas e seidas e dereitos e perteenças sub tal con(diçon ...) viña ou a lavredes de pam qual vos ... aprouver e lavredes e paredes ben en maneira commo se non perca por mingoa de boon param(ento...) paguedes vos e toda vossa vos de foro cada anno en salvo por dia de Sant Martiño do mes de novenbro a min e depois aos que por (...) a dita capela tres libras de diñeiros brancos desta moeda usual que ora corre de que contan quareenta pares de diñeiros brancos por tres (...) se outra moeda correr. Et do al que ajades a dita leira e viña se a y feserdes ou pan se o y lavrardes de disemo a deus livre e (...) enbargo, çensso, tributo e encarrego alguun. Et se vos ou vossa vos quiserdes vender, deytar ou supiñorar a dita leira derdade (...) que primeiramente frontedes ao capelan que porlo tenpo for teedor da dita capela que a aja porlo justo preço que outre por ela der, et nonna querendo por ese preço reçeber que entonçe a vendades, deytedes ou subpinoredes a atal pessoa que seia vossa semellavel que levre e pague e conpra e agarde todo esto que dito he. Et porla outoridade do dito vigario obligo todos los beens da dita capella para vos anparar e defender senpre a dereito a vos e a toda vossa vos con a dita leira que vos aforo commo dito he. Et eu o dito Afonso Peres que soon presente, por min e por la dita miña moller que non he presente e por todas nossas voses para senpre asi o outorgo e reçebo en min a dita leyra derdade aforada de vos o dito Iohan Fernandes enna maneira que dita he. Et obligo todos meus beens avidos e por aver para a lavrar e parar bem et pagar cada anno as ditas tres libras de foro et conprir et agardar todo esto que sobre dito he. Et eu o dito Gonçalvo Martines coengo e vigario sobre dito que soon presente, por quanto sey et soon ben çerto per min meesmo et per juramento que sobrelo reçebi aos santos avangeos do dito Iohan Fernandes capelam en presença deste notario e testemuyas que este aforamento he prol e boon paramento da dita capella, et que passa de quinse annos et mais tenpo que estevo e está en canpo, por ende outorgo este dito aforamento et dou ho por firme e estabele enna maneira que he feito et entrepoño a el meu degredo et mando que valla et aja firmedume para senpre et dou miña liçençia e outoridade ao dito Iohan Fernandes capelan que o possa asi faser enna maneira que dita he. Feita a carta en Ourense, des e oyto dias do mes dagosto (...) nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e dous annos. Testemuyas que a esto presentes foron Fernan Santiagues ra(çoeiro ...) et Pero Afonso porteiro do cabidoo e Ruy Gaia escripvan criado do dito Afonso Peres et Pero Fernandes dos Santos lavrador morador (...).

Et eu Gonçalvo Oureyro notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente (... presen)ça o fis escripvyr et meu signal aqui puge en testimuyo de verdade que tal he.

(sinal)