GMH/ÍNDICE A-Z

415
1434setembro, 13
O alcalde Pedro Rodríguez sentencia que o marco de prata reclamado ao notario Afonso Enríquez lle sexa deducido do salario debido por acompañar ao recadador a requirir aos notarios. (fol. 127)

Joan Peres e Afonso Anriques.

Lues XIII dias do mes de setenbro, en Ourense enna Praça do Canpo, audiençia da terça, ante o dito Pero Rodrigues alcallde paresçeron os ditos Afonso Anriques e Joan Peres e o dito alcallde diso que el, visto a dita carta del rey dos ditos marcos et a dita alegaçon do dito Afonso Anriques, en que diso que lle fosen descontado de seu selario que andara con el a requerer a os ditos notarios, por ende que mandava que descontado o selario rasonavel que o dito Afonso Anriques mestera por andar con o dito recadador a requeryr os ditos notarios, que lle fose descontado do dito marco, e se tanto non meresçese que dese o mays que marrase ao dito Joan Peres e se mays moltipricase o dito selario que o dito marco, que se tornase por elo a el rey e que asy mandava et que mandava ao Afonso Fernandes e a min o dito Alvaro Afonso notarios que taixasemos a dita escriptura sobre o juramento que de nos sacou etç. Tests. Lois Gonçalves notario, Goterre Afonso et Afonso Codeiro.