GMH/ÍNDICE A-Z

H12
1435, decembro, 9
Sentenza pola que Afonso de Abral, como fiador, deberá pagar nun prazo de doce días 64 mrs. ao zapateiro Rodrigo Martínez. (fol. 5)

Rodrigo Martines.

Et despois desto, sesta feyra, nove dias do mes de desenbro, en Ourense, enna Praça do Canpo, audiençia da terça, Afonso Anriques e mestre Fernando, juises d’Ourense, mandaron por sentença Afonso d’Abral, vesiño da dita çibdade que presente estava, que doje a XII dias primeiros sigentes dese et pagase a Rodrigo (Yanes)* /Martines\ çapateiro da Rua Nova LXIIII.- vellos que confesou, por que lle ficara por fiador contra (- - -) clerigo, que los pagase con as custas dereytas e que a salvo quedase de se tornar por elles ao dito clerigo. Tests. Afonso Fernandes notario, Diego Lopes et Joan de Deus carniçeiro e Rodrigo Yanes çapateiro.