GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1016
1427, setembro, 15. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Afonso, á súa muller e a unha voz media casa derrubada co seu horto en Barrio Falcón, por renda anual o primeiro beneficiario de once marabedís e doce marabedís os sucesores, maila obrigación de reconstruíla.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 153 v.
   

Saban quantos esta carta viren como nos as personas coengos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores de liçençia et consentimento de Lopo Fernandes, coengo, rendeyro dos aniversarios da dita iglesia, aforamos a vos Fernando Afonso, criado de Gonçalvo Martines, mercador, et a vosa muller, Aldara Afonso, et a outra persoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos vees ou a mellor parte deles, conven a saber a meatade de huna nosa casa derribada, que esta en Barro Falcon, con a metade do orto et poço, segundo que Gonçalvo Peres, capelan, ten a outra metade de todo, con todas suas entradas et saydas et jures et agoas vertes segundo va de longo topar en a parede que esta junta con o muro desta çiudade de Lugo, et estan juntos con outra casa et orta do dito Gonçalvo Martines, sub signo da Capela de San Pedro; a a tal pleito et condiçon que façades en a dita casa derribada huna casa nova cuberta de lousa, et ha tenades vos et as ditas personas feyta, cuberta et ben reparada, et esso meesmo o dito orto; et avedes de dar et pagar en cada hun ano por dia de Natal, a aquel que for rendeyro dos ditos aniversarios, vos o dito Fernando Afonso onse moravedis longos da moeda corrente, et as outras duas personas que paguen dose moravedis longos, despoys de vos, en cada hun ano por lo dito dia; et a finamento da pustrimeyra persona que a dita casa con a metade do dito orto et poço fiquen libres, quitos et desenbargados a a dita iglesia de Lugo, cuios son, con todos los boos paramentos que en eles foren feytos. Outrosi que cada persona como subçeder en o foro que seia obligada de vinir mostrar et notificar a o dito cabidoo en como fica persona do dito foro do dia que se finar a dita persona ata trinta dias primeyros sub pena de perder o foro.

Et eu, o dito Fernan Afonso, que presente estou por min et por la dita mina muller et persona asy reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito foro da dita casa et orto et poço por las maneyras et condiçoes susoditas, et obligo meus bees et das ditas personas para faser comprir, pagar et atender todo o sobredito. Et nos as ditas personas et benefiçiados do dito cabidoo asy vos lo outorgamos, do qual todo nos, o dito cabidoo, mandamos a o notario iuso scripto que faça desto duas cartas anbas en hun tenor huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Fernando Afonso, et personas seelada con noso seelo, et signadas de seu signo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o dito coro da dita iglesia, quinse dias do mes de setembre, ano da naçença de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que dito he: don Afonso Lopes, chantre; don Lopo Dias, mestrescola; Fernan Peres, Nuno Gonçalves, Juan Dias, Afonso da Bayla, et Afonso Ares, coengos; Fernan Rodrigues, raçoeyro; Gonçalvo Peres, Fernan Eanes, sanchristan, Afonso de Gonçe et Lopo Fernandes, clerigos do dito coro; Gonçalvo Martines et Afonso de Montenegro, notarios.

Et eu Fernando das Cortinas, notario publico da çiudade de Lugo, a o sobredito con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro scripvi et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Fernandus, notario.