GMH/ÍNDICE A-Z

102
1457

(31V)

-102-

Foro.

Este día ẽno porto de Rriãjo. Como4 eu, Sueyro Gomes de Soutomayor, vasalo de noso señor / el rrey, aforo a vós, Afonso Martíns de Luou, forneyro, para vós e para vosa moller, María Afonso, des / e seys cóuodos de terreo en Vaao4, para que façades casa ao outõ da outra vosa casa / que de mj teedes aforada de longo339 escontra o nordés340, e do ancho4 da dita vosa casa / que agora teedes leuãtada, ẽna qual avedes de faser dúas portas, hũa á parte de / arriba, a donde se leuãta o sol, e a outra abaxo, escontra a rribeyra contra341 o ponẽte, e / cõ que vós avedes de aproueytar do enxjdo da parte d'arriba fasta o valo da vjña342, entre / tãto que nõ343 for menester por allý rrúa ou camjño, segũdo que ẽno outro / que teedes aforado; e quando se acaescer344 faser por allý345 rrúa / ou camjño, que vosla posã quitar, a dita cortina346, e que nõ sejã vosa2, / saluo en tãto que nõ se fas menester faser rrúa ou camjño por allý; / e avédesme de dar vós e vosas boses a mjn e ás mjnas para senpre ja/mays en cada ano4 seys morauidís vellos por estes ditos XVJ cóuodos; o/blígome4 de voslo2 faser çerto e sao e de vos defender e anparar cõ el, / e de nõ boslo quitar nẽ rremouer, et çétera. E eu, o dito Afonso347 Martíns, así o rreçebo / para mjn e mjña moller e mjñas boses, para senpre jamays, e obligo4 / a mjn e meus bẽes e de mjnas boses e soçesores, ganados e por ganar, / de pagar o dito foro dos ditos VJ morauidís en cada hũu ano4, desde dja de Santiago / de junjo, que será ẽno ano4 de  J M CCCCº lviijº anos4 en deante en cada hũu / ano4, cõ pena4 de j m morauidís vellos, LVIIJ qualque(e)r parte que o así nõ teuer, gardar, / conprir e pagar. Outorgarõ dúas cartas en hũu thenor4 firmes, fortes, / et çétera.

Testigos: Gomes de Rribademar, juís, e Diego Garçía e Ferrnand Peres, vicario, e / Pero de Villanustre.

Feyto a Afonso de Luou en forma348.

 

____________

2. Despois está riscado un s.
4. Leva un trazo sobre a palabra.
339. De longo está entreliñado.
340. Despois está riscado de longo.
341. Contra está entreliñado.
342. Fasta o valo da vjña está entreliñado; na liña riscou segũdo.
343. Despois está riscado se.
344. Está escrito acaersçer.
345. Despois está riscado calle ou.
346. Escribiu as ditas cortinas e riscou os s.
347. Despois está riscado de.
[348] Feyto a Afonso de Luou en forma está engadido no espacio sen encher que quedou da liña anterior á mención das testemuñas
.