1351, xullo, 25. Lugo
Doazón realizada por Maior Pérez, a favor do bispo e igrexa de Lugo, das súas propiedades en San Martiño de Guillar.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/25, perg. orix., galego, gótica cursiva, 193x210 mm.
LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fol. 109r e v con referencia ao lib. 3º, n.º 174.
CAÑIZARES: p. 1061.
Sabeam
quantos esta carta virem commo eu Moor Peres, morador en San Martino
de Guillar, de minna propia voontade et sen costrengemento de ningun,
dou et outorgo a vos don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, para vosa
iglesia en doaçon entre vivos commo mellor et mays conpridamente se
pode dar por iur d’erdade para senpre, todo o herdamento et vos que
eu aio en San Martino de Guillar, assi d’avoengo de patrimonio et
de conpras et de gaanças, ou de outra maneira qualquer que o eu aio
ou me perteesca d’aver, con cassas et formaes, arvores, entradas et
seydas et iures, a montes et a fontes, peru quer que vaan, sub o dito
signo de San Martino. Et esta doaçon vos faço por que vos soo teuda
et por aiuda et deffendemento que de vos reçebi, et atendo de
reçeber. Outrossi por que entendo que soo teuda a vos et a vosa
iglesia et oyve do voso. Et por esta presente carta vos meto enno iur
et propiadade et posision do dito herdamento et cousas sobreditas, et
tiro a min del; et se eu pela ventura d’aqui adeante iurivigar ou
possoyr estes ditos herdamentos, ou parte delles, conosco que os
possoyo et iurivigo por vos et po-la vosa iglesia precario. Et
outorgo et prometo por min et por todos meus bees a faser-vos senpre
esta doaçon de pas de quen quer que vos quyra sobre ela faser
demanda, et demays iuro a os santos avangeos, taniudos corporalmente
con minnas maos, que nunca contra esta doaçon venna, por min nen por
outren, en iuyso nen fora del, por rason de ingratiduen nen por outra
maneira ninhuna; et se contra elo veer quero que me non valla nen
seia oyda sobrelo. Et nos, o dito sennor obispo, que estamos
presente, assi reçebemos de vos, a dita Maria Peres, esta doaçon.
Et por que esto seia çerto eu, a dita Moor Peres, roguey a Affonso
Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesesse ende esta carta
publica.
Que
foy feyta en Lugo ennas casas do dito senor obispo, viinte et çinquo
dias de iullio, era de mill et tresentos et oyteenta et nove annos.
Testemoyas
que foron presentes: frey Gonçalvo Dias, subprior do convento do
moesteiro de san Domingo de Lugo; frey Affonso Pantelo, Alvar
Rodrigues, coengo, Ruy Gonsales, raçoeyro de Lugo, Afonso Arias das
Cortinas, moordomo do dito senor obispo, Ruy Peres de Burgaaen, et
outros ts.
Et
eu Afonso Rodrigues, notario publico da ceudade de Lugo dado pela
abtoridade do bispo dese lugar, que a esto que sobredito he con as
ditas testemoyas pressente foy, et a rogo da dita Moor Peres esta
carta escrivy et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade que
tal he. (+).