GMH/ÍNDICE A-Z

1046
1437, xullo, 29 luns. Lugo

Frei García de Ulloa, no nome do mosteiro de San Domingos de Lugo, véndelles a Vasco de Celle e á súa muller unha casa na rúa Nova por 600 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/3 (bis 2), perg. orix., galego, cortesá, 245 x 440 mm; Tumbo Viejo, docs. soltos nº 100.

Sabeam quantos esta carta de vençon viren como eu frey Garçia de Ulloa, doutor, freyre do Moosteiro de Sam Domingo de Lugo, outorgo et conosco por esta presente carta et por poder espeçial que eu teno et aio do Moosteiro et frayres et convento do dito Moosteiro para o de iuso conteudo, vendo a vos Vaasco de Çelle, piliteiro, et vosa muller, Tareia Lopes, moradores [em Lugo], huna casa que nos perteesçe a o dito Moosteyro et convendo del por frey Diego, frayre que foy do dito Moosteiro, et fillo que foy de frey Diego Afonso Conquin, frayre que foy eso mesmo do dito Moosteiro, et de Eldonça Afonso, muller que foy do dito frey Diego Afonso. A qual dita casa que vos asy vendo esta en a rua Nova desta çiudade de Lugo a os pasadoyros, et esta junta da huna ylarga cabo de huna casa en que mora Diego Gomes, et da outra ylarga esta junta con outra casa que foy de Roy Casado en que ora mora Maria Casada et Afonso Rodrigues, seu marido; a qual dita casa he sita et locada en a friglisia et sub o signo da Capela de Santiago sita en a iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, a qual dita casa vos vendo con todo seu orto et seydo, entradas et seydas et jures et pertynenças et agoas vertes deslo çeo ata terra; et reçebo de vos em preço por esta dita vençon seysçentos pares de brancas, os quaes me logo destes et pagastes em dineyros feytos et contados em presença do notario et testemoyas desta carta et do voso poder poder (sic)  pasaron a o meu, segundo que dito he, dos quaes ditos moravedis me outorgo por entrego et bem pago, et renuçio et parto de min et do dito Moosteiro et convento del todas las leeys et dereitos canonicos et civiis et moiçipaes que eu por min et por lo dito Moosteiro et convento del poderiamos alegar que o non alegemos por nos, nen por outro, en iuyso nen fora del, et se o feçer que non valla, et espeçialmente renunçio a ley de duobus reys de[bendis] et de numerata pecunia, et a ley que falla do aver visto et non contado. Et por esta carta vos pono logo et apodero en o jur et posison corporal et rayal da dita casa et orto et seydo, et obligo a min et a meus beens et do dito convento a vos faser saa et de pas esta dita vençon a todo tempo.

Et eu, o dito Vasco de Çelle, et mina muller, Tareia Lopes, asy reçebemos de vos, o dito frey Garçia, a dita vençon. Et porque esto seia çerto et non vena em dulta eu, o dito frey Garçia, outorgovos dello esta carta de vençon por lo notario de iuso escripto, a o qual rogo et mando que a faça a mays forte et firme que poder faser et notar con consello de leterados sobre esta rason.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, dia luuns, viinte et nove dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes chamadas et rogadas: frey Afonso Eanes, frayre do dito Moosteyro; et Martim Peres, piliteiro, et Juan Fernandes Santiages, et Vasco do Poço, correeiro, visinos de Lugo, ts., et outros.

Et eu Pedro Afonso de Maçoen, notario publico da dita ciudade de Lugo por la abturidade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he com as ditas testemoyas presente foy et a rogo et a pidemento de anbas las ditas partes esta carta de vençon escripvi et aqui puie meu nome et signal acustumado que tal he en testemoyo de verdade (signo).

Pedro Afonso, notario.