GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

906
1405, abril, 25. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Rui Martínez e a dúas voces tódalas herdades da igrexa no couto de Soñar, mailos tres cuartos do señorío deste couto, por renda anual de dez oitavas de centeo. O beneficiario doa unha herdade no couto de Vilalibre, freguesías de Santa María Madanela de Coeses e San Xoán de Pena.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/21, perg. orix., galego, cortesá, 241 x 263 mm.


   

Sabean quantos esta carta vyren como nos don frey Johan do Freyxo da orden dos preigadores por la graçia de Deus et de santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, avido noso acordo, deliveraçon, veendo que he prol et proveito dos bees da nosa iglesia aforamos a vos Ruy Martines de Sonar por en vosa vida et de outras duas pesoas depus vos, a huna qual vos nomeardes et declarardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear et declarar aquela que por vos for nomeada et declarada, et non ha declarando vos en vosa vida ou a tempo de voso finamento que seia aquela que de dereito suçeder en vosos bees, conven a saver todasllas nosas erdades que nos avemos et nos pertesçen en qualquer maneyra por nome da dita nosa iglesia et bispado en todo o couto de Sonar con os tres quartos do senorio do dito couto; as quaes ditas erdades et senorio do dito couto vos assy aforamos con todos seus dereytos et pertenenças, jures et possysoes, a montes et a fontes, per u quer que vaa sub signo de San Pedro de Sonar, con tal condiçon que vos et as ditas pesoas dedes et pagedes de cada hun ano a nos, et aqueles que depoys de nos vieren a a dita iglesia et bispado, des oytavas de çenteo linpo de poo et de palla por teega dereyta, en pas et en salvo en o dito couto polo mes de agosto, et que façades lavrar et parar ben todasllas ditas erdades et as tiredes donde jasen ascondidas et negadas et as tornedes et ajuntedes con as que ora andan sabudas et juntadas, et que cubrades et coregades todosllos formaes das casas pertesçentes a estas ditas erdades que agora jasen derribados et por cubrir; et que façades mays en as ditas herdades dose arvores de froyta que seian feytas boas et sen mallisia; et a pasamento da pustrumeyra pesoa que as ditas herdades et couto fiquen livres et quytas et desenbargadas a dita nosa iglesia et bispado con todosllos boos paramentos que en ellas foren feytos et con as casas et arvores feytas segundo sobredito he.

Et eu, o dito Roy Martines, por min et por llas ditas pesoas asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, o dito foro das ditas herdades et senorio do dito couto con todas llas clausolas et condiçoes por vos sobreditas, et prometo por min et por las ditas pessoas de as teer et gardar et comprir en todo; et demays por esta graçia et merçee que me vos, o dito senor Obispo, façedes dou a vos et a vosa iglesia para senpre et por jur de herdade a mina herdade, que eu aio en o meu couto de Vilalivre, a que chaman a erdade que foy de Roy Cao, a qual dita erdade vos asy dou con todas suas casas et arvores et chantados et dereyturas et pertenenças et jures et posysoes, a montes et a fontes, per u quer que vaa en o dito couto sub o signo de Santa Maria Madanella de Coeses, et de Sanyoane de Pena, et obrigo de vo la faser de pas a todo tempo pelos outros meus bees pero que eu tena esta dita erdade en este dito foro por estas ditas des oytavas de çenteo, et ho tempo acabado do dito foro que esta dita herdade fique livre et quyta et desenbargada a vos, o dito senor Obispo, et a vosa iglesia para senpre con todos llos boos paramentos que en ela foren feytos. Et nos, o dito senor Obispo, asy o outorgamos todo et porque seia certo rogamos et mandamos Afonso Touron, noso notario prubico, que faça de todo esto duas cartas firmes anbas en hun tenor.

Feyto foy esto en Lugo, XXV dias andados do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquo anos.

Testemoyas que a esto foron presentes: don Pedro Ares, arçidiago de Aveancos en a iglesia de Lugo; Alvaro Peres de Rio, sobrino do dito senor Obispo; et Lopo Dias, [camareyro], notario do Papa; et Rodrigo Ares de Mera, escudeyro do dito senor Obispo, et outros.

Et eu Afonso Touron, notario publico de Lugo por actoridade do senor Obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et por mandado do do (sic)  dito senor Obispo et do dito Roy Martines esta carta en mina presença fis scrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (signo)