Afonso Rodríguez, cambiador, veciño de Santiago,
outorga poder a Iudá Pérez, recadador do bispado de Ourense, para que
sexa o seu home bo na demanda interposta ao mosteiro de Santa Comba de
Naves sobre 1.774 mrs. que lle debía un prior anterior. (fol. 127v)
Yuda Peres e Afonso Rodrigues canbeador, pagadas X brancas.
Et despois desto, XVII dias de setenbro, Afonso Rodrigues canbeador, vesiño de Santiago, deu todo seu poder conprido a Yuda Peres, recadador do obispado d’Ourense, para que por el et en seu nome podese seer seu ome boon con Afonso Anriques ou con outra qual quer persona que o prior do mosteiro de Santa Conba de Naves quiseer poer, sobre rason de mill et seteçentos et seteenta e quatro mrs. vellos que Gonçalvo Esteves, prior que foy do dito mosteiro, e o convento do dito mosteiro lle devian por duas obrigaçoens etç., sobre lo qual lle deu poder conprido para outorgar sobre elo conpromiso e o poer o dito nagoçio en poder de ommees boons e façer e reçeber et recadar e dar carta e cartas de pago e ajuisar etç., sobre lo qual lle outorgou poder abastante con poder de sustetuyr etç. et obrigou seus beens etç. et este meesmo poder outorgou a Rodrigo Afonso de Suares et a Lourenço Yanes Tests. coengo enna igleia d’Ourense. Tests. Alvaro Castellaao et Joan Rodrigues pedreiro et Diego Pato.