testemuñoTestemuño
notarial das
protestas do cabido contra Álvaro, porteiro do bispo, por
entrar nas casas do mordomo do cabido e coller pan da ración dos cóengos
para entregallo á manceba de Costanza Churrichá, alegando que o facía
por mandato do bispo, pola ración que se lle había de dar.
Conuçuda cousa seia a todos que
en presença de min notario et tests.
subscriptas, estando na rua de Cima assus as casas de (...) u
mora Gonçalvo Martinez capelam de Santa Maria a
Madre et moordomo do cabidoo da igleia d’Ourense,
Alvaro porteiro do onrrado padre et señor dom Gonçalvo
pola graça de deus bispo de Ourense saya
das casas en que mora o dito Gonçalvo Martines
et tomou dentro nas ditas casas pam de raçon
daquel que dam aos coengos et deo a huna
muller que era mançeba de donna Costança
Churrichaa. Et enton o dito Gonçalvo Martines
preguntou ao dito Alvaro por que lle
tomava aquel pam et el disso que llo tomava commo
a moordomo do cabidoo por mandado de nosso señor o
bispo et que o dava aa dita donna
Costança pola raçon que lle o dito
cabidoo avia a dar. Et enton o dito Gonçalvo
Martines frontou et disso ao dito Alvaro en
nomme do dito cabidoo que lle non tomasse
o dito pam et que o non forçasse, ca o cabidoo
lle deffendera que non desse raçon aa dita
donna Costança dizendo que lla non
devian assy aver de dereito commo ella
queria. Et o dito Alvaro disso que poys que
lle o bispo mandava que lle tomaria o dito
pam et o entregaria aa dita donna Costança
de cada dia. Et o dito Gonçalvo Martines
protestou en nomme do dito cabidoo que o
poyna por força. Tests. que a esto foron
presentes Fernan Charlim, Domingo Sieyro
omes do deam, Estevo Peres fillo de Pero
Garrido que foy.
E depoys desto en outro dia
primeiro que se seguio no mes et era subscriptos
o dito Gonçalvo Martines seendo nas sobreditas
suas casas en que mora o dito Alvaro chegou et disso
que lle desse o pam da raçon para a sobredita
donna Costança et el disso que llo non
daria ca lle deffendera o cabidoo. Et enton Alvaro tomou dous
paens de raçon e deu os aa mançeba da dita
donna Costança. Et o dito Gonçalvo
Martines frontou logo et disso ao dito Alvaro
que non forçasse o cabidoo, et el disso que o
non forçava mays que o fazia por mandado
de seu señor o bispo et enton o dito Gonçalvo
Martines protestou en nomme do dito
cabidoo que o poyna poyña por força. Esto foy en Ourense,
nove dias de março, era de mill et cccªlxªv annos. Tests.
Fernando Anes reitor da igleia de Sam Miguel
de Torneyros, Domingo Martines clerigo
teente a capela que ordinou Martin de Pol,
Affonso Martines omme do dito
Gonçalvo Martines.
E depoys desto, xviii dias do dito
mes de março na era sobredita o sobre dito
Alvaro porteiro entrou nas casas do dito Gonçalvo
Martinez et tomou muyto pam de raçon et entregoo
a mançeba da dita donna Costança
dizendo que lle queria entregar o pam de
quatro dias. Et enton o dito Gonçalvo
Martines en nomme do dito cabidoo
protestou que o poyna por força. Et destas
protestaçoens en commo passou et da força que
fazian ao dito cabidoo o dito Gonçalvo
Martines pedío a min notario huun
publico estormento, et eu deylle ende este, que
foy feyto en Ourense nos dias et lugar e era
sobreditos. Tests. que foron
presentes Domingo Peres reitor da igleia
de Proente, Domingo Peres reitor da
igleia de Sam Mamede, Martinho omme do dito
Gonçalvo Martines.
Et eu
Lourenço Peres publico notario jurado en
Ourense polo bispo et polla igleia desse lugar
que a todo esto presente foy et o escripvi
et meu signal y puge en testimuyo de verdade.
(
sinal)