GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

250
1341, marzo, 9
requirimento

O cabido requírelles a María Martínez e á súa filla Eufemia Pérez que labren ben unhas viñas.

ACOu, Escrituras XIV, 20

Connuçuda cousa seia a todos que en presença de min Pero Lourenço notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar e das tests. adeante escriptas Lopo Sanches procurador do dean e cabidoo da igleia d’Ourense disso frontando a Maria Martines moller de Domingo Peres dito Filice que foy e a sua filla Ouffemea Perez que ouvo do dicto Domingo Perez, que estas sobre dictas Maria Martines e Ouffemea Perez sua filla que tiiña en Montooscos fiig[re]sia de San Vereixemo de Seixalvo hunas leiras de vinas que son foreiras ao dito cabidoo, as quaes dizia que pereçeran por mingua de lavor e de boon paramento, et que por esta razon o dicto cabidoo perdera moyto de seu dereito, et por ende disso e frontou aas dictas Maria Martines e Ouffemea Perez e aamoostoas pela primeira e sigunda e terçeyra vegada que reparassen e recobrassen as ditas herdades en boon paramento e pagassen ao dicto cabidoo os seus foros e seus dereitos ao dicto cabidoo que delas devyan a aver delo tenpo que as non lavraran a acó. Et se o assy fazer non quisessen que o dicto cabidoo reçeberia as dictas herdades e faria delas sua voentade, protestando que salvo ficasse ao dicto cabidoo para a demandar aas dictas Maria Martines e Ouffemea Perez as novydades que perderan das dictas herdades pela mingua das ditas Maria Martines e Ouffemea Perez. Et as dictas Maria Martines e Ouffemea Perez diseron que lavrarian as dictas herdades. Et desto en commo passou o dicto Lopo Sanches en nomme do dicto cabidoo pidío a min notario huun estormento. Et eu deylle ende este, que foy feyto en Ourense, xix dias de março, era de mill e ccclxxixº annos. Tests. Gonçalvo do Mato notario, Johan Perez mercador, Johan Anes çapateiro.

Et eu Pero Lourenço notario sobre dicto que a esto que sobre dicto he presente foy e o escrivy e meu nomme e meu signal y puge en testemuyo de verdade que tal e.

(sinal)