----/--/--s/d.
(f. 67)
(Falta o comezo desta escritura)
en presença deste notario et testemoyas adeante escriptas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa, et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non valla, et se mais val, a dita casa que vos asi vendo, que esto que dito he que me asi dades por ela, toda esa mayosia que mas bal vos dou et outorgo en pura justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas baler ontre bivos. Et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos dereito et auçon que eu ey et aaver devo en esto que dito he, que vos asi vendo, de mi et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et en vos o dito Fernan Çerviño et vosa moller et vosas vozes o poño et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal; et quero et outorgo que desde oje endeante vos et a dita vosa moller et vosas vozes, sen meu enbargo et de todas mias bozes, posades faser de toda a dita casa et de parte dela toda vosa libre voontade como de bosa cousa propia. Et prometo et outrogo de vos anparar et defender con ela senpre et en todo tenpo de todo enbargo por mĩ et por todos meus bẽes movles et rayses que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite por pena seo asi non tever et conprir et contra elo vier et, a pena pagada ou non, esta carta de venda et o en ela contiudo fique firme et valla para todo senpre. Et eu o dito Fernan Çerviño, que soo presente et que faço por mi et por la dita mĩa moller et nosas bozes, asi o resçebo. Feito o estromento na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes: Graçia Gonçalves, prateiro, et Fernan Lopes alfayate, moradores na dita villa de Pontevedra, et Gil Yanes do Porto, criado de Juan Afonso çapateiro, et Martin de Lestedo, criado de mĩ notario, et outros.
Feita.