GMH/ÍNDICE A-Z

24
1433, maio, 8
Juan Boo, zapateiro de Pontevedra, recoñece que debe a Juan de Deus, barbeiro, 300 maravedis que éste lle prestara. Promete pagalos en viño branco.

(f. 11)

Oyto dias do dito mes de mayo. Sabean todos que eu Juan Bõo çapateiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, outorgo et conosco que devo et ey de dar et pagar a Juan de Deus, barveiro, vesiño da dita vila, que sodes absente et a vos Ynes Rodrigues, moller do dito Juan de Deus, que sodes presente, tresentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos tresentos maravedis me vos enprestastes por me feser amor et graça e boa obra, et os eu ey ja en meu jur et poder ben et conpridamente et se mingoa algũa, et renunçio a ley de non numerata pecunia et toda outra enxençon et defensa etc. Et os quaes ditos tresentos maravedis da dita moeda prometo et outorgo de dar et pagar ao dito Juan de Deus, absente, et a vos a dita Ynes Rodrigues, sua moller, en viño ullãao, mosto aa dorna, da viña que eu lavro no couto de Lerez boo et merchante tanto que en el sejades pago, o qual deve seer contado entre nos rasonavelmente a como valuer enton aa dorna, en maneira que vos reçebades de min graça por la boa obra que eu de vos resçebo; para o qual todo asi ten conprir et pagar obligo a elo a min mesmo e a todos meus bees moveles et raises, os que oje este dia ey e ouver de aqui endeante, et so pena do doblo da dita contia que outorgo que vos peite por pena et en nome de interese se o asi etc. Et a pena etc. todavia etc. Et eu a dita Ynes Rodrigues, moller do dito Juan de Deus, por min et en nome do dito meu marido, que soo presente, asi o resçebo Ts. Fernan Lopes, alfayate, Fernando Reixas, çapateiro, vesiños da dita villa et Martin Eanes, armeiro, criado de Rui de Nantes, et outras. Feita.