GMH/ÍNDICE A-Z

62
1433, setembro, 13

Juan Gonçalves, mariñeiro, declara que ten unha taza de prata de Ares Garcia de Rajoo e que lle debe 150 maravedis. Promete pagalos por dia de San Miguel de setembro.

(f. 27 v)

O dito Juan Gonçalves, conosçeo que tiiña do dito Ares Garçia hũa taça de prata dourada chaan da figura da Virgen Maria ẽno fondo et eso meso conosçeo que devia ao dito Ares Garçia çento et çinquoenta maravedis, blanca en tres dineiros. Prometeolle pagar todo por dia de San Migell primeiro que ven so pena do doblo. Ts: ut supra.