GMH/ÍNDICE A-Z

007
145710, xaneiro

-7-

Ẽno dito logar de Sjmes, X djas do dito mes de janeyro, ano4 sobredito. Fiso arrendamẽto / Sueyro Gomes a Rroý de Salnés, seu mayordomo, da meytade4 do seu / benefiçio de Sã Mjgell de Lores, désemos e premjças e outras dereyturas, / por quatro anos4, quatro noujdades colljdas e alçadas, que comẽçarõ por / dja de Sã Jon de junjo do ano4 que agora pasou de J M CCCCº LVJ anos4, e / por preçio de seysçẽtos morauidís en cada ano4, que sõ en quatro anos4 IJ M CCCº morauidís, / e ha de sosobjr tódoslos cárregos, rrey e Rroma e See e / padrõos e outras dereyturas, de que logo se outorgou por pago de J M DCCCº morauidís / dos tres anos4 e os outros DC morauidís durãte o dito tenpo; obligouse de / nõ llo quitar por máys4 nẽ por menos55 e de lle faser / a rrẽta sãa de morte e de saca, e carta firme. Testigos: Njcolao, clérigo, e Martjño de Chaujño e Jon do Portomarín.

____

4. Leva un trazo sobre a palabra.

55. E de lle faser / a rrẽta sãa de morte e de saca está escrito ó final da nota, trala relación de testemuñas, cunha raia de chamada para a liña na que se inseriu.