GMH/ÍNDICE A-Z

114
1457

-114-

Este día, ẽnos paaços4. Jon Saujn e Afonso Rroballyño374, moradores en Vilamayor375, por se quitar de / (de) pleitos, debates e cõtendas que entre eles erã sobre rrasõ de / nouos de hũa vjna e outras quaesque(e)r cousas, conprometerõ e tomarõ / por seus omes boos, o dito Jon Savjn a Pero Giraldes, mayordomo, e / o dito Afonso Rrobaljño a Gonçaluo d'Ouçença, morador en Ouçẽça, que os librasẽ / segundo achasẽ por dereyto ou como4 quisesẽ e por ben touesẽ, en todo / este dito mes de nouẽbro. Obligárõse de estar porla sentençja ou sentençjas, / mãdamento ou mãdamentos, so pena4 de IJ M morauidís para la parte obediẽte. Carta / de conpromjso forte, et çétera. Testigos: Sueyro Gomes e Ferrnand Gonçalues de Rriãjo e / Jon de Salnés, ome4 de pee de Sueyro Gomes. //

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
374. Escribiu Rroba dilloño, riscou a sílaba di e corrixiu o en y.
375.  Moradores en Vilamayor está sobre a liña
.