GMH/ÍNDICE A-Z

137
1457

xxxiij (fol 39R)

-137-

Despois460 desto, ẽno dito lugar de Paaços4, a XJ días do dito [mes]6 de desẽbro, / ano4 dito. En presençia de mj, dito notario, e testigos de yuso escriptos, et çétera, pareçeu / y presente o dito Fernã Martíns d'Aaro e diso que, por quanto pareçía que o dito dõ abade / por si mjsmo, sẽ carta de juís e nõ deujdamẽte viera a tomar o jur e posisiõ / do paaço tellado do dito lugar de Paaços e das bjnas que cõ el andã e / se labrã, segundo máis largamẽte avía pasado por ante mj, dito notario, por / ende4 diso que el nõ cõsentía nẽ cõsẽteu en cousa algũa que o dito dõ / abade ouvese feyto, e que el tornaua e tornou a cõtinuar seu / jur e posisiõ que el e aqueles de que(e)n el ouvo o dito paaço e vjnas senpre / teuerõ desde XXX, LX, XC anos4 a esta parte e máis tenpo, e así / mjsmo Aldonça Munys, de que(e)n el lo avía avido por doaçõ que delo / le feso e a súa moller, e que rrequiría e rrequireu ao dito Áluaro d'Oallo, / mayordomo, que presente estaua, que lle tornase en súa posisiõ en que el / e a dita Costança Munjs avíã estado paçeficamẽte desd'o dito tenpo acá. E / logo o dito Áluaro d'Oallo entrou ẽno dito paaço4 e deytou fóra dele a Jon / de Njne4 e a súa moller, e tomou a chaue e çerrou a porta e dou461 a chaue / ao dito Fernã Martíns e diso que o rrestituýa e rrestituýo ẽna dita súa posisiõ / do dito paaço e vjnas ao dito Ferrnã Martíns segundo que a de primeyro tijña. E / logo o dito Fernã Martíns diso que en continuãdo seu jur e posisiõ que tornaua e / tornou de súa mão ao dito Jon de Njne4 e súa moller ao dito paaço4 e vjnas, / e lles dou a chaue para que o teuesẽ de súa mão e por el para lles rrecudyr / cõ462 a rrẽta e terrádego e ffruytos delo. E que o pedía así por testimoyo / signado4, et çétera. Testigos: Fernã Rromeu e Ares de Treytes e Pero Paas4 e / Gonçaluo de Treytes.

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
460. Antes está riscado e.
461. Dou está entreliñado, debaixo está riscado do.
462. Antes está riscado un p
.