GMH/ÍNDICE A-Z

164
1317, marzo, 13. Lugo

O deán e o tesoureiro de Lugo afóranlles a Fernando Eanes, á súa muller e a unha voz unha herdade en Santalla de Fingoi por renda anual de dúas terzas de pan e 40 soldos, deben ademais construír unha casa e un celeiro.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 18 v, traslado ao Libro do Cab. polo notario Rui Fernández 1338-XII-4; Libros, lib. 6289.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Martin Eanes, dayam de Lugo, et Johan Eanes, thesoreyro dese lugar, procuradores don aniversarios dessa iglesia, con outorgamentodo cabidoo da iglesia de Lugo, avervamos a vos, Fernan Eanes de Barreyro, et a vossa muler Maria Peres et a huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear en seu passamento, a herdade que os aniversarios han sub signo de Santa Alla de Fingoe, hu quer que vaa, a monte et a fonte, a a tal conciçon que vos que a lavredes et paredes ben et tirardes de monte hu i ouver, et devedes a façer na dita herdade, hu virdes que he mays sen dampno, huun çeleyro lousado et huna casa pallaça; et devedes a dar cada anno a nos ou a aquel que tever os aniverssarios por la iglesia de Lugo, duas terças de pan, duas partes de temporao et a terça de serodeo, et avedes nos a dar por dia de Nadal por foros quaraenta soldos. Et vos devedes a seer anparados et deffesos asy commo os outros serviçaes da iglesia de Lugo. Et a a morte et de vosa muller Maria Peres et da pessoa sobredita, deve esta herdade ficar livre et quita a a iglesia de Lugo con quantos boos paramentos y foren feytos, et probada de hun boy et de huna vaca et d'una porca. Et que esto seia çerto et non vena en dulta damos-vos ende esta carta seellada con seello do cabidoo.

Que fuy feyta XIII dias de março, era de mill et CCC LªVe annos.

Et eu ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado per auctoridade do bispo desse miismo lugar, vi et ley a carta sobredita escripta en pulgameo enno tenor sobredito et seellada de seello do sobredito cabidoo segundo por ella pareçia, et a rogo de Fernan Affonso, coengo de Lugo, procurador do dito cabidoo, vervo por vervo a dita carta por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, iuyz de Lugo, en este livro do cabidoo trasladey, et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade.

Feyto en Lugo IIIIº dias de dezembre, era de mil et CCC LXXVI annos.

Testemoyas: don Aras Pellaes, thesoreyro; Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo; Affonso Fernandes, escrivan, ts.