Domingo Pérez véndelles a García Fernández e á súa muller porcións dunha leira en Agravao, Santa María de Alta, por 100 soldos.
Sabiam
quantos esta carta virem commo eu Domingo Peres de Sistello de [boo]
curason, vendo a vos Garçia Ferrnandez de Santa Maria Alta et
a vossa muler Aldara Eanes, huna leyra que iaz en Agravao, entre huna
vossa leyra et outra leyra de Thereyia Eanes que foy de seus
parentes, et fer na carreyra, a sesta parte, et das outras çinquo
sestas a meatade desta leyra sobredita, sub signo de Santa Maria
Alta.
Et
reçebo de vos en preço por esta vençon sobredita
çen soldos da moneda del rey don Fernando de que me outorgo
por pagado et por entrego, et obligo por todos meus bees a vos faser
senpre esta vençon sobredita de pas, des oye mays avedea
senpre en pas vos et a vossa vos pus vos o meu senorio removoudo et o
poder.
Feyta
a cata da vençon VI dias de novembro, era de mill et CCC XLVII
annos.
Testemoyas:
Lopo Martines d'Avellayras, Ferrnan Martines de Pyugos, Iohan
Domingues da rua Minaa,mercador.
Et
eu Aras Affonso, notario publico de Lugo, presente foy et notey et
esta carta escrivi con mia mao propia et puge y meu nome et meu sinal
en testemoyo de verdade.
SIGNO