GMH/ÍNDICE A-Z

5

1416, xullo, 31.
O Concello afora a Martín de Brión, criado de Bernal Yáñez, e ós seus herdeiros o terreo que está no castro de Santa Susana, xunto coas casas que o citado Martín de Brión levantara. Este terreo adoitaba ser barreira da cidade. Afórase por dúas libras anuais, que fasen 20 soldos, pagadeiras o día de San Xoán.
O Concello aproba o gasto das cantidades dadas polo procurador do mesmo a Gonzalo de Millares pola ida á Corte do Rei e o notario polo seu salario.
O Concello ordena ó seu procurador que pague 1.600 maravedís a Fernan Aras Xarpa, que este tiña por mercede do Rei.
O Concello declara exenta de tributos a Mayor Domínguez, avoa do crego Juan Boo, por ser moller pobre.

O postremo dia dos mes de julio. Sabean todos que nos o conçello, justiçias, jurados et omes bõos da çidade de Santiago que aavemos de usso et de custume, presentes ende nos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Trouquo justiças da dita çidade et Gomes Rodriges, bachiller en decretos, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate, Johan Aras da Cana, omes bõos jurados enna dita çidade, entendendo et seendo çertos que esto adeante contiudo he feyto en nosso proveyto et avendo primeiramente sobrelo por moytas vezes o noso acordo et consello et deligente inquisiçon, por ende outorgamos et conosçemos que aforamos et damos en afforamento et por rason de foro doje este dia endeante, para todo senpre a vos Martin de Brion, criado de Bernald Yanes do Canpo, morador que sodes enna dita çidade, que afforamos por vos et por vosos herdeiros et suçessores aquel terreo de herdade que esta enno Outeiro de Santa Susana, junto con as casas que vos o dito Martin de Brion ende agora levantastes novamente et o qual dito terreo suya sẽer barreira da dita çidade ennos tenpos antigoos et o qual vos afforamos segundo que vay topar de longo de parte de juso enno camiño que vay para Padron et da outra parte contra çima ven topar enno camiño que vay para a vila de Noya; et o qual tarreo vos afforamos segundo dito he con suas entradas et saidas et con todas suas perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asy de feito como de dereito, por lo qual vos et vosas vozes avedes de dar et pagar a os procuradores que agora son de nos o dito conçello et a os que foren d’aqui endeante duas libras en cada hũu anno de moeda vella que fasen viinte soldos vellos a libra (+ -5) por los tenpos adeante segintes porque se pagaren os alugeios das casas enna dita çidade; as quaes duas libras avedes de dar por dia de San Juan de juyo sen desconto algũu (± 18) nen vosas vozes non devedes de vender, nen sopeñorar, poẽr nen traspasar en outra persona sen primeiro o faser saber aos procuradores de nos o dito conçello se o queren para nos tanto por tanto et non o querendo eles que enton o posades vender, poẽr et traspasar et concanbear en quen quiserdes en tanto que seia persona (+ -5) que de et pague o dito foro en cada ũu anno et nos non vos avemos de tyrar este dito foro por mays nen por menos nen por al tanto que outro por elo queira dar nen por outra cosa algũa (± 6) de pas por los fiẽes de nos o dito conçello que vos para elo obligamos et eu o dito Martin de Brion que presente estava, por min et por mĩas vozes asi o reçebo et outorgo et obligo meus bẽes et de mĩas vozes para dar o dito foro en cada ũu anno et para cumprir et agardar as outras condiçoes sobreditas (± 18) nos contra esto enno conprir et agardar pague aa outra parte que o agardar et conprir por pena mill maravedis et a pena pagada ou non pagada todavya este instromento et as cousas en el contiudas fiquen firmes et vallan para senpre. Testemoyas que foron presentes: Pero Eanes Abraldes, Alvaro Gil et Juan Bogeyrete, visiños da dita çidade et Gil Peres procurador do dito conçello, Domingo Longo et Juan d’Oural serventes da dita çidade. Feito pra Martin de Brion.//
(Fol. 2 vº)
 Predito.- O dito conçello, justiças et jurados et omes bõos mandaron que fose reçebido en conta a a Gil Peres, procurador os çento et oyteenta moravedis branqua en tres dineiros, que dou por seu mandado a Gonçalvo de Millares por la yda que foy a a corte de noso señor et rey por mandado do dito conçello et os noventa et tres moravedis da dita moeda que dou a min Rui Martines, notario publico por las scripturas que dey signadas et que levou o dito Gonçalvo de Millares a a dita corte et que se testase o outro mandamento que ja sobresto avian feito.
Predito. O dito conçello, justiças et omes bõos, diseron que por quanto por parte de Feman Aras Xarpa, lles era mostrada hũa carta de livramento de mil et seisçentos moravedis de moeda vella dos marquos de noso señor el rey, os quaes del ten en merçed o dito Fernan Aras, librada a dita carta por Fernan Gonçalves, recabdador este anno enna dita çidade; por ende que mandavan et mandaron a Gil Peres, procurador que de quaesquer moravedi que recabdava et recabdase por lo dito conçello que dese et pagase a o dito Fernan Aras os ditos mill et seisçentos moravedis et que reçebesen del a dita carta de livramento et con ela et con este mandamento lle seerian reçebidos en conta os ditos mill et seisçentos moravedis. Testemoyas os sobreditos.
Predito. O dito conçello, justiças et omes bõos jurados disseron que por quanto Mayor Dominges avoa de Johan Bõo, clerigo do coro da Iglesia de Santiago, era moller pobre et tal que non tĩina por que pagar renda nen fallas nen outros tributos que se lançavan enna dita çidade et porque outrosy morava et estava en poder et casa do dito seu neto et o servia; por ende que mandavan et mandaron que daqui endeante a dita Mayor Dominges non fosse posta nen encanavada en renda nen fallas nen en outros tributos algũos que se posessen et repartisen enna dita çidade et aquel postor ou postores ou encanavadores que a posessen ou repartisen ou encanavase daqui endeante en taes rendas et fallas et refallas ou outros tributos algũos que os pagasen por ela ou se tornassen os moravedis en que assy fosse posta et encanavada onde ela morasse et ela non fose obligada a pagar taes moravedis. Testemoyas os sobreditos.
 
DIA SABADO O PRIMEIRO DIA DE agosto; ANNO DOMINI Mº CCCCXVI ANNOS.