GMH/ÍNDICE A-Z

252

maio, 21

Xoán Cansado, labrador veciño de Ourense, traspasa a Lopo de Amoeiro, escudeiro, unha leira de viña sita en Ribela da que este ten o señorío, coa condición de que lle pague polas benfeitorías 40 mrs. anuais durante o tempo de duración do foro. (fols. 82v-83)

Carta de Lopo dAmoeyro. Feita e dada ao dito Lopo dAmoeyro.

Sabean quantos esta carta viren como eu, Joan Cansado lavrador, vesiño et morador enna çidade d’Ourense, conosco et outorgo que por rason que eu tiña huna leyra de viña que esta enna freigesia de San Gillaao de Ribela, a qual me ficou de Gonçalvo Cansado, morador que foy enna dita freigesia de San Gillaao de Ribella, a qual dita leyra de viña o dito meu padre e eu en seu nome tiñamos aforado de Nuno Gonçalves de Ribella de foro de terça ao dito Nuno Gonçalves e seus erdeiros por cada \+ a qual parte/ et por quanto a non poso lavrar nen parar ben por quanto vos, Lopo d’Amoeyro escudeiro, et vosa moller Lyonor Gonçalves, filla do dito Nuno Gonçalves, sondes herdeiros e señorios da dita leira de viña, et eu agora non a poso lavrar nen parar ben, por ende dou e traspaso en vos a dita leyra de viña por tal condiçon que a labredes et paredes ben etç. e diedes et pagedes por ela vos o dito Lopo d’Amoeyro e a dita vosa moller e vosas voses a min et a miñas voses por la de foro en cada huun anno por las ben feytorias e por que eu e meu padre fesemos enna dita viña e por \+ con viña de Afonso da See et en çima en cabeça en viña de Domingo Yanes e da outra parte enno monte e vay firyr enno rio/ (fol. 82v)
que plantamos a dita leyra de viña, qoreenta mrs. de moeda vella contando branca en tres dños. de cada hun anno por cada día de San Martiño do mes de nobenbro, os quaes me avedes de pagar de cada hun anno por lo tenpo e voses que a eu teña aforado do dito Nuno Gonçalves, et do al traspasoa en vos et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiadade, voz e auçon que eu teño enna dita viña, todo o tiro e remo de min e de miñas voses e a dou e traspaso en vos o dito Lopo dAmoeyro e enna dita vosa moller en vosas voses de disemo a deus para senpre, con carrego dos ditos XL .- e por esta presente carta vos poño enna posison et dou por nehunas quaes quer cartas de aforamentos e de contrautos e de vendas e de traspasaçoens que tevese feitas da dita viña e que non vallan senon esta etç. et eu o dito Lopo dAmoeyro ob por min et por la dita miña moller que non he presente, por la qual obrigo todos meus beens e seus que ela aja por firme e por estavale esto que se sige e de pagar os ditos qoreenta .- en cada hun anno a vos o dito Joan Cansado por lo dito día de San Martiño, para o qual vos dou comigo por fiador a Pero Carneiro alfayate vesiño d’Ourense que esta presente e se obriga a dita fiadoría de vos pagar os ditos XL .- en cada huun anno etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Alvaro Carneiro et outrosy he posto con Tests. Alvaro Carneiro et Afonso Codeiro, Afonso de Logilde vesiños d’Ourense et Gonçalvo Nunes escudeiro, et he posto condiçon que a dita leyra de viña que a non posades entrar salvo esta novidade alçada e dende endeante que a entredes. Feita a XXI dias de mayo. ( fol. 83)