GMH/ÍNDICE A-Z

77

febreiro, 4

Xoán Fernández, reitor de San Martiño de Loiro e capelán da capela de Santo André, afora a perpetuidade a Gonzalo da Renda e á súa muller Costanza Rodríguez dous leiros de viña na Carballeira, previamente recibidos por damnificacións e impagos, coa condición de poñer todo de viña en tres anos e facer foro de quinta do viño e composta. (fols. 25v-26)

Feita e dada. Carta de Gonçalvo da Reenda, pagadas II brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Joan Fernandes, clerigo reytor da igleia de San Martiño de Loyro et capelan da capela de Santo Andre, sita enna igleia, de liçençia et autoridade de don Martin Sanches, abade da igleia da Triindade da çidade d’Ourense et vigario e provisor do señor don Diego obispo d’Ourense, que me da liçençia et autoridade para esto que se adeante sige, dou et outorgo, aforo a vos Gonçalvo da Reenda que sondes presente et a vosa moller Costança Rodrigues et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna \dous/ leyros de viña que ha dita miña capella ha e lle perteesçen de dereito en Carbaleira, et parte huun delles de huna das partes con viña de Joan de Deus et da outra parte con viña de Lopo de Mugares et en çima con viña que foy de Françisco Yanes et da outra parte con viña de Ares Nunes, e ho \outro/ leyro parte de huna das partes con viña de Pero do Tiollo et da outra parte con outro de Gomes Afonso, da outra parte con outro que foy de Estevo Peres et \en çima/ con outro de Joan de Deus et da outra parte con outro de Ares Nunes, aforo os quaes ditos dous leiros de viña eu reçeby por maas paranças e por los foros non pagos, et por ende aforo vos os ditos dous leiros de viña con todas suas entradas e seydas et dereitos e jures et perteesças por hu quer que os aja etç. por tal condiçon que a chantedes toda de viña en estes tres annos primeiros sigentes et que a labredes et paredes ben en tal maneira como non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento et façades dela foro de quinta de todo o viño et conposta que deus en ela der, a qual novidade ( fol. 25v)
colleredes por ollo do meu mayordomo, ao qual proveeredes de comer e de beber cumunalmente en quanto collerdes a dita novidade e daredes a conposta na viña e o viño no lagar etç. e do al de disemo a deus, e se quiserdes vender, deytar ou supinorar que primeiramente frontedes con ela a min e aos reytores que despois de min foren da dita capela etç. e non faredes manda nen oniversario etç. e obrigo os beens da dita capela etç. et eu o dito Gonçalvo da Reenda obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Et eu o dito Martin Sanches abade e vigario sobre dito, por quanto sey e soon çerto que o dito aforamento que he prol e boon paramento da dita igleia e con juramento que sobre elo saqey do dito Joan Fernandes, por ende eu dou a este dito aforamento miña liçençia et autoridade e dou a elo meu decreto etç. Tests. Joan de Melles raçoeyro enna dita igleia et Alvaro d’Escarnaboys et Lopo de Canposo. Feita a quatro dias de fevereiro.