GMH/ÍNDICE A-Z

8

a
xaneiro, 4

Inés Fernández, muller de Pedro Anes, cambiador, veciña da Coruña, tendo como fiador en Ourense ao xastre Rodrigo de Camba, obrígase a pagar a Gonzalo do Lago, veciño de Ourense, setecentos mrs. que lle debe da compra de viño. (fol. 3)

Gonçalvo do Lago. Feita e dada.

(En este día Eynes Fernandes, muller de Pero Yanes canbeador, vesiña da vila da Cruna, asy como devedora prinçipal et seu fiador Rodrigo de Canba alfayate, vesiño d’Ourense, anbos a dous de man comuun e cada huun por lo todo renunçiando etç. obrigaron a sy e a todos seus beens por dar et pagar a Gonçalvo do Lago, vesiño d’Ourense, seteçentos mrs. de moeda vella contanto branca en tres dños., os quaes ditos DCC .- lle deven de çerto viño que a dita Eynes Fernandes conprou do dito Gonçalvo do Lago, que valía a dita contía de que se deron por pagos etç. et outorgaronse de lle dar os ditos DCC .- postos en paz et en salvo en esta çidade d’Ourense ata día de domingo de pascoella de resureiçon primeira sigente, so penna de dez mrs. etç. obrigaçon forte e firme etç. Tests. Domingo et Gomes de Cornoses et Joan do Bouteiro e outros)*.