GMH/ÍNDICE A-Z

992
1423, marzo, 17. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Pérez, clérigo do coro, e a dúas voces unha casa e unha leira na Régoa por renda anual de sete marabedís o primeiro beneficiario e oito marabedís as voces.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 159 v.
       

Sabam quantos esta carta de aforamento virem como nos o dean, persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en nosso cabidoo dentro en o cabidoo da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et beendo et entendendo que he noso proveyto et de nossos suçesores, et de liçençia et consintimento de Lopo Fernandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Gonçalvo Peres, clerigo do coro de Lugo et capelan da Capela de Santa Catalina, et a outras duas persoas, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, huna casa pequena que he dos ditos aniversarios, que esta açerca dos Fiees de Deus, a qual esta junta con a casa torre en que morou Rodrigo Ares, chantre de Santiago, et en a qual dita cassa suia teer et faser cozina o dito Rodrigo Ares, chantre, et Gonçalvo Peres, coengo de Lugo, que morou en a dita cassa torre; et mays vos aforamos huna leyra de orto que he dos ditos aniversarios que ias en a Regoa, a qual esta junta de huna parte con hun orto de Nuno Peres de Santa Marta, et da outra parte esta junto con outro orto que ora ten Tareiya Rodrigues, muller que foy de Lopo de Risco; a a tal pleito et condiçon que vos reparedes a dita casa de todo o que lle feser mester et ha tenades en boo paramento, et a dita leyra de orto bem labrada; et dedes et paguedes de todo de foro de cada ano vos, o dito Gonçalvo Peres, sete moravedis longos, et as outras persoas, que suçederen en o dito foro, que dem cada ano oyto moravedis longos por dia de Natal, et que os paguedes en a moneda que se pagaren os outros foros dos ditos aniversarios; et outrosy con condiçon que cada huna das ditas persoas que suçeder et ficar foreyra do dito foro que seia tiuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo et mostrar como he persoa et foreyra del ata dous meses primeyros seguentes, et non no fasendo asi por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa et leyra de orto fiquen ben reparadas a a dita iglesia et aniversarios dela, cuios son, con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Gonçalvo Peres, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito dean et cabidoo, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o comprirmos et gardarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito dean et cabidoo, asi vo lo outorgamos, et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fezese delo duas cartas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Gonçalvo Peres, et vosas persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et has signasse de seu signal.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia, des et sete dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et tres anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Pedro Fernandes de Tendilla, thesoreyro; Lopo Ferrnandes, Pedro Lopes, Juan Lopes, Juan Dias, Nuno Gonçalves, Vaasco Afonso, coengos; Fernando Rodrigues, Fernando Yanes, Fernando Ferrnandes, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, esta carta de foro fis escripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).