GMH/ÍNDICE A-Z

D64
1459, abril, 11
Os alcaldes ordenan a Álvaro do Cabo pagar a Xoán Patiño 70 mrs. que lle debe mais outros 56 mrs. dunha fianza. (fol. 24v)

Joan Patino.

A XI dias de abril, en Ourense enna Praça do Canpo, Pero de Miranda et Gomes de Mugares alcalldes da çidade d’Ourense, sendo enna Praça do Canpo audiençia da terça, mandaron por sua sentença Alvaro do Cabo que presente esta-va LXX.- que confesou que lle devia et mays LVI.- por que lle ficara por fiador contra Afonso Garçia d’Untes e que os pagase a Joan Patino con as costas. Tests. Rodrigo Fernandes notario, mestre Afonso, Afonso do Barral, Alvaro Fernandes, Lopo de Chorente.