1345, novembro, 14. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Lope Pérez e a un fillo lexítimo propiedades no Bierzo por renda anual de 500 marabedís.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos lo dayam et cabidoo da iglesia de
Lugo seendo iuntados por canpanya taniuda, segundo que o avemos de
huso et de custume de nos iuntar a cabidoo en esta iglesia,
arrendamos et avervamos a vos Lopo Peres de Castello, morador en
Vilafranca, por en todos vosos dias et de hun voso fillo legitimo et
baron, qual vos nomeardes a tempo de voso finamento ou en voso
testamento para esto, todos quantos herdamentos nos avemos et devemos
aver et de nos tinna arrendados Alvar Peres, que foy de Vilafranca,
des la Fava endeante et en Vilafranca, na Portela, en Valteylle de
Susso et de Iusso, en Peeyros, en Loquia, en Naraya et en Moyna Seca
et en Vilalivre et en outros lugares quaes quer en todo Beres, asy
d’aquel cabo o Sil commo aquende del, vinnas, cassas, cassares,
formaes, paaços et ortos et outros herdamentos et foros quaes
quer, et avedes a faser lavrar et parar ven os ditos herdamentos et
vinnas et manteer las cassas feitas en boo estado. Et vos, lo dito
Lopo Peres, avedes-nos a dar de renda, cada anno en salvo por en
todos vosos dias, quinentos moravedis, de oyto soldos o moravedi,
desta moneda del rey don Affonso. Et aquel voso fillo que vos
nomeardes no dito vervo et renda a-nos a dar, cada anno despoys de
voso finamento, seysçentos moravedis da dita moneda. Et estes
moravedis sobreditos vos et o dito voso fillo avedes a pagar cada
anno por Natal, segundo dito he en salvo en Lugo, et se por la
ventura ouvermos mester os ditos moravedis enviarmos por elles a
Vilafranca, que os dedes a noso mandado çerto, que vos mostre
nosa carta seellada con seello de nos lo cabidoo et sinada con signal
de notario publico. Et esta renda vos fazemos con aquelas condiçoes
que a de nos tevo arrendada Nuno Martines salvo que os avedes a fazer
la paga commo sobredito he. Et do dia do finamento de vos, lo dito
Lopo Peres, a quatro messes seguentes aquel fillo que vos nomeardes
deve a viir a nos, lo dayam et cabiidoo sobreditos, a reçeber
de nos este vervo et renda, et pidirnos que llo outorguemos, et que
nos de fiadores quantiossos da iglesia ou da villa de Lugo, que pague
a dita renda cada anno et cumpla o que sobredito he. Et se non fezer
que o dito vervo et foro non lle fique dende adeante outorgado. Et a
finamento de vos, lo dito Lopo Peres et de voso fillo que para esto
nomeardes, os ditos herdamentos et cassas et vinnas et cousas
sobreditas deven ficar livres et quitos a a iglesia de Lugo con todos
los boos paramentos que y foren feitos, novo alçado et renda
pagada.
Et
eu, o dito Lopo Peres por min et por lo meu fillo sobredito que para
esto nomear commo dito he, assy reçebo a dita renda et vervo
de vos, lo dayam et cabidoo sobreditos, et obligo todos meus beens
para o comprir assy et vos pagar cada anno os ditos quinentos
moravedis por en todos meus dias segundo dito he, et demays para o
assy comprir dou-vos por fiadores don Alvar Dias, arçidiago de
Neyra, don Vaasco Dias, thesoreyro de Lugo. Et nos sobredito
arçidiago et thesoreyro que estamos presentes et outorgantes
por fiadores segundo dito he. Et eu, o dito Lopo Peres, outorgo que
se por la ventura eu a dita renda non pagar a o dito cabidoo en
guissa que deslo dia de Natal, a que se a paga ha de faser, ata hun
anno comprido non fosse pagada, que logo a cabo desse primeyro anno
que esto acaesçer vos, los ditos arçidiago et
thesoreyro sobreditos, ou qual quer de vos, posades tomar et reseber
a dita renda et vervo en vos, et arrendarla a outren que vos
quisserdes, et reçeber os fruytos dela por que vos quitedes da
dita fiadoria, et que eu non seia poderosso de vos-la enbargar por
min nen por outrem. Et se por la ventura enos ditos herdamentos et
vinas et cassas sobreditas non achardes, de cada anno, cumplimento da
dita quantia para vos quitardes da dita fiadoria, eu obligo meus
beens para o pagar en guissa que vos livre ende a salvo et sen
dampno.
Et
nos, lo dayam et cabidoo sobreditos, assi o outorgamos. Et eu, o dito
Lopo Peres, prometo a a boa fe et por juramento que ende faço
sobre santos avangeos, que todas las herdades, cassas et vinnas et
ortos et coussas que perteesçen a este afforamento que me vos,
dayam et cabidoo, fasedes que eu que os mostre a hun voso mandadeyro
que vos alo enviardes et os faça scripvir et por notario
publico et enviarvos por scripto quantos et quaes et en quaes lugares
son et entre quaes iazen o mellor et mays fielmente que eu poder.
Et
por que esto seia çerto et non venna en dulta nos, lo dayam et
cabidoo et Lopo Peres sobreditos rogamos a Fernando Garçia,
notario publico de Lugo, que fezesse desto duas cartas en hun tenor
tal huna commo outra et as signasse de seu signo, et por mayor
firmidue nos, lo cabidoo sobredito, mandamos seellar esta carta de
nosso seello pendente.
Feyto
fuy esto en Lugo quatorse dias de novenbre, era de mill et treçentos
et oyteenta et tres annos.
Testemoyas
que foron presentes et son testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayam;
don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Arias Pellaes,
arçidiago de Deçon; don Pedro Iacome, juyz; don Vaasco
Diaz, thesoreyro; Affonso Gomes, Vaasco Rodrigues, Fernando Affonso,
Johan Dias et Johan Gutierres, coengos; Johan Ferrnandes et Lopo
Domingues, raçoeyros; Pedro Ferrnandes, clerigo do coro de
Lugo.
Et
eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto
pressente fuy et vy a o sobredito Lopo Peres faser o dito juramento
sobre santos avangeos, segundo he, et a rogo das partes sobreditas
esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu sinal en
testemoyo de verdade.