-131-
Foro.
Ẽna grãja de Sar, que he ẽna freigresja de Sã Viçenço de Sispoõ, sete djas / do mes de nouẽbro de LVIJ anos4. Como4 nós, o abade de Sã Justo, frey Lopo4 / de Mõtouto, por mj e en nome4 do (cõ)cõuẽto, prior e mõjes do dito moesteyro, porlos / quaes me obligo4 cõ tódoslos bẽes do dito moesteyro e meus, et çétera, aforo a vós, Johán Ferrnandes / de Touriñaa, sobriño de Alberte de Bilela, clérigo, que presente estades, por vosa / vjda e dúas boses e XXIX anos4, hũa leyra de vjna que he do dito moesteyro, / que está ẽna chousa do Altiuõo, que he çerca da dita grãja, segundo quedou marcada // por mj, dito dõ abade, da parte de çima por hũa pedra e de allý
(37 V)
como4 deçende / para baixo fasta o muro da dita vjna cõ súa deuesa, segundo que a tyña a dita / vjna e lle pertẽesçía d'antes; e avédesla de labrar de dúas cauas e podar, / choer e çerrar e rrodrigar e madeyrar e dar tódoslos outros bõos lauores / a seus tenpos e sasõ, segundo se deuẽ dar a vjna e segundo custume4 da freigresja, / e avedes de dar vós e vosas boses a mj e aas mjñas o quarto do vjno / que Deus en ela der á dorna, foro, libre e quito sen descõto algúo, e avedes / de chamar a meu mayordomo e darle de comer, segundo custume4 da terra, et çétera. / E eu, o dito Johán Ferrnandes, que presente so, así o rreçebo e me obligo4 de o pagar, mãter / e gardar por mj e por todos meus bẽes avidos e por aver que para ello obligo4, / e douvos por meu fiador a elo Alberte de Vilela, clérigo da dita [freigresja de]435 Sã Viçẽço, / que presente está, ao qual rrogo que seja meu fiador. E eu, o dito Alberte, que presente / so, outorgo que entro por seu fiador e me obligo4 cõ todos meus bẽes, / esprituaas436 e tenporaas, de mã comũ cõ o dito Johán Ferrnandes, meu sobriño; e qual/que(e)r de nós, partes, que contra elo for e o así nõ teuer, gardar, conprir e pagar, / peyte e pague4 á outra parte que o ateuer, en pena4 e por jnterese, dous mjll morauidís / vellos; e a pena4 pagada ou nõ, que todavía seja firme esta carta, et çétera. / Testigos: Ares de Treytes e Ferrnand Rromeu e Áluaro d'Oallo, mayordomo, e Martjn de / Dorrõ, moradores ẽna dita freigresja.
___________
4. Leva un trazo sobre a palabra.
435. Falta freigresja de.
436. Está escrito esputaas cun sinal de abreviación por riba.