GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

463
1393, marzo, 26
foro

Domingo Iáñez, reitor da igrexa de San Lourenzo da Pena, afóralles a tres voces a Xoán Mouriño e á súa muller, Mariña Lourenza, unha leira de viña “a par do regueiro de Lavaconos” por renda de terza.

ACOu, Escrituras XIX, 450

Sabbean quantos esta carta viren que eu Domingo Anes clerigo reytor da igleia de San Lourenço da Penna, por liçençia et outoridade de don Vaasco Peres Corvacho arçidiago de Castela na igleia d’Ourense que he presente, dou et outorgo a foro a vos Iohan Mouriño morador en San Lourenço que sodes presente et a vosa moller Mariña Lourença en vida de vos anbos et a tres voses apus la morte do pustremeiro de vos huna pus outra quaes vos nomeardes, et se as non nomeardes que seian vos os que herdaren os vosos beens de dereito. Conven a sabre huna leira de viña que a dita miña igleia ha a par do regueiro de Lavaconos, et parte porlo dito regueiro et da outra parte porla seara da dita igleia et ençima parte porlo camiño que vay da dita igleia para Cuynas. Afforo vos a dita leira de viña con entradas e seidas et con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira commo non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes ende a min ou a meus suçesores en cada hun anno en salvo enna dita igleia a terça parte de todo o que deus en ela der e todo o desimo aa dita igleia onde quer que se lavrar, et livre e quite doutro enbargo, a qual novidade colleredes porlo moordomo da dita igleia, o qual o proveeredes de comer et de beber comunalmente en quanto a collerdes. Outrosy se a quiserdes vender, deytar ou supeñorar a dita leira de viña que primeiramente frontedes con ela a min ou a meus suçesores et nos la dedes por lo justo preço que vos outre por ela der querendoa ante que a outro algun, et se a eu ou meus suçesores por ese preço non quiseremos reçeber estonçe a vendede, deytade ou supeñorade aa tal pesoa que seia semelavil de vos que lavre e pare ben e faça o dito foro en cada hun anno. Et obligo todos los beens da dita igleia para vos anparar et deffender a dereito con a dita leira de viña que vos asy afforo segundo dito he. Et eu o dito Iohan Mouriño que soon presente asy o outorgo et reçebo en ... leira de viña aforada de vos o dito Domingo Anes porla maneira et condiçoens sobre ... faser o dito foro en cada hun anno et conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna dellas obligo todos meus beens et da dita miña moller gaañados e por gaañar. Et he posto pena ontre nos as ditas partes que contra esto for ou pasar et o non conplir et agardar que peyte aa outra parte que o conplir et agardar quiser por nomme de penna et interese dusentos mor. de diñeiros brancos, et aa dita penna pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiudas vallan et fiquen firmes enno dito tenpo por que he feito et outorgado. Et eu o dito Vaasco Peres arçidiago sobre dito, por quanto reçeby juramento ennas miñas maaos do dito Domingo Anes se este dito afforamento que fasía era prol e boon paramento da dita sua igleia e del et de seus suçesores et el disso porlo dito juramento me diso que era prol e boon paramento da dita sua igleia et por ende o fasía, por ende eu doulle liçençia et outoridade para que o faça e outorge et entrepoño a el meu degredo et mando que valla e aia firmedume por lo dito tenpo e voses segundo e enna maneira que he feito et outorgado. Feita a carta en Ourense, viinte e seis dias de março, anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et tresentos e noveenta e tres annos. Tests. que a esto que a esto foron presentes Gonçalvo Anes da Castiñeira coengo d’Ourense e Rodrigo Afonso sobriño do abade da Triindade et Afonso escripvan de min notario et outros.

Et yo Gomes Peres de Penavigia escrivano de nuestro señor el rey e su notario publico enla enla su corte e en todos los sus regnos e notario publico de Orense por el obispo e por la eglesia dese lugar a esto que dicho es presente fue con los dichos testigos e en mi presençia lo fis scrivir e enesta carta que dello di al dicho Domingo Anes clerigo mi nonbre e mi signo fis que es tal en test. de verdad.

(sinal)