1445, xaneiro, 14. Lugo
MADRID, AHN, Carp. 1336 (sen numerar na unidade de instalación), perg. orix., galego, cortesá, 245 x 175 mm.
Sabean quantos esta carta viren como eu don Juan Garçia de Melgosa, bachiler en decretos, dean en a iglesia de Lugo et capellan de noso senor el Rey et rendeiro que soo da iglesia de San Pedro [...] por lo cabidoo da dita iglesia de Lugo, dou aforo a vos Afonso Vasques de [Forna] et a Mor[...], vosa muller, et a hun fillo ou filla dos que anbos ouverdes de consuun, et non avendo fillo ou filla huna persona que erdare os beens do pustremeiro de vos en dereito. Conben a saber o lugar das Piiaas, que he da dita iglesia de San Pedro, con todas suas casas et erdades et arbores et formaes, entradas et saydas, a montes et a fontes per u quer que vaan, a tal pleito et condiçon que façades lavrar et parar ben o dito lugar et casas del como se non perga por mingoa de lavor et de boo paramento; et daredes vos et as ditas voses, en cada hun ano, de renda do dito lugar hun moyo de çenteo por [medida] dereita de Chantada. Et o casal que seia voso durante as ditas vos o voses. Et eu defendervos ey con o dito foro a dereito. Et a finamento de vos todos tres o dito casal fique livre et quito a dita iglesia con todas las boas paranças que en el foren feitas.
Et eu, o dito Afonso Vasques, que soo presente por min et por la dita mina muller et vos asi reçebo de vos o dito foro et nas condiçoes sobreditas. Et porque seia çerto rogamos a o notario de iuso escripto que faça duas cartas anbas en hun tenor et as syne de seu syno.
Feito en o Mosteiro de Chantada, quatorze dias do mes de janeiro, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et çinco anos.
Testigos que foron presentes: frei Gomes, prior, et frei Fernan Vasques, et frei Gomes, monjes do dito Mosteiro; et Pedro Rodrigues, capelan do abade, et outros, et Juan da Iglesia.
Eu Rodrigares de Moure, notario publico en Chantada et en seu [alfos][...] senor don Diego Alvares Osorio Conde de Trastamara, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et aqui puse meu nome et syno en testemoyo de verdade que tal he.