GMH/ÍNDICE A-Z

037
1457

(16V)

-37-

Partiçón.

Ẽno porto de Rriãjo, XIIJ djas do dito mes, ano4 dito. Como4 eu, Rroý Mariño / de Coorõ, morador ẽna Marquesa, que he ẽna freigresja de Santa María d'Asados, / e eu, Jon Chacõ, morador ẽno dito porto, fillos legítimos herdeyros de María Áluares de / Coorõ, que Deus aja, por rrasõ que entre nós erã ou esperauã ser pleitos e de/bates e cõtendas sóbrela partiçõ dos bẽes que quedarõ da dita nosa madre4; / por ende, outorgamos e coñosçemos que somos cõbenjdos e ygua/lados e que fasemos partiçõ de çerta parte dos ditos bẽes ẽna guisa que / eu o dito Rroý Mariño aja e leue e quede cõmjgo e para mj a meytade / do logar de Coorõ, que he ẽna freigresja de Santa María de Caleyro, que he en terra / de Salnés, así de casas e cortes e ortas e enxjdos e vjnas e herdades / e chantados e outras rrentas e dereyturas e pertenẽçias que á dita meytade4 / do dito logar pertẽesçẽ e pertẽesçer deue, a mõtes e a fontes, cõ súas aguas / corrẽtes e vertentes, donde que(e)r que vay; e eu, o dito Jon Chacõ, que aja e leue / e quede cõmjgo e para mj todo o logar de Comoojo, que he ẽna freigresja de / Santa Vaya do Boyro, en terra de Postomarcos, así casas e casares, cortes / e ortas e enxjdos e vjnas e herdades e chantados e outras rrentas e dereyturas / e pertenẽsçias que ao dito logar pertẽesçẽ e perteesçer deuẽ, a mõtes e a / fontes cõ súas aguas corrẽtes e vertentes, donde que(e)r que vay; e esta dita / partiçón fasemos ẽna maneyra sobredita en quanto a esto sobredito seẽdo / así avenjdos e ygualados a ello; e queremos e nos pra(a)s que, se / máys vale a hũa partiçón que a outra, que qualque(e)r de nós que leuare algũa / demahesja, que bõa pro le faça, que da tal demahesja fasemos pura / doaçõ o hũu ao outro e o outro ao outro; e cada hũu de nós, partes sobre/ditas, nos obligamos4 cõ todos nosos bẽes avjdos e por aver de estar para / senpre jamais por esta dita partiçõ, e de o aver por firme, rrato e grato / e valedeiro para en todo tenpo, e de nõ vijr nẽ yr njgũu de nós outros nẽ / outro por nós contra ello nẽ partido dello, e de faser çerto e sao o hũu de nós / ao outro e o outro ao outro estes ditos logares e cada hũu deles, so pena4 / de çent4 floríns4 d'ouro que caya e jncurra en pena4 o que o así nõ gardar / e conprir ou contra ello ou parte dello for; çerca do qual rrenũçiamos todas / leys4 e damos poder a las justiçias e outorgamos dúas cartas firmes / e fortes en hũu tenor, para cada hũu de nós outros la suya, ante o presente / notario e testigos, firme e forte, qual paresçer de seu signo4, et çétera. Testigos que forõ / presentes: Jon Seco e Garçía Mjgés, sastre, e Bieyto Gonçalues e Diego Garçía do / porto de Rriãjo.

_______

4. Leva un trazo sobre a palabra.