1317, maio, 15. Lugo
O deán e o Cabido outórganlles a Xoán Fernández e á súa muller un terreo próximo á súa casa por tres soldos anuais.
Era
de mil et CCC Lª V annos, XV dias de mayo. Sabeam quantos esta
carta virem commo nos, o dayam et cabidoo de Lugo, seendo aiuntados
no coro desse lugar, por canpaa tanguda commo he de custume, damos a
vos, Iohan Fernandez et a vossa muller Tareiya Miguelez, moradores en
Burgo Novo, por jur de jerdade para senpre, hun terreo que iaz, a par
da vossa cavalariça, contra o vosso saydo das casas en que vos
ora morades. Et avedesnos a dar para senpre cada anno por esta
doaçon, por dia de San Johan Babtista, tres soldos que façen
quatro dineiros novees, desta moneda blanca del rey don Fernando que
agora corre ou a valia deles. Et nos os ditos, Johan Fernandez et
Tareyia Miguelez, assy o outorgamos, et mandamos, et asignamos que
vos lo cabidoo sobredito aiades estes ditos dineiros commo sobredito
he pe-las nossas casas da Lagoa que som dentro na cidade de Lugo.
Testemoyas:
don Fernan de Deus, chantre; don Iohan Beserra, juys, et o
archidiacono, Maestre Afonso, et outros do cabidoo.
Affonso
Perez, notario publico de Lugo, por mandado do cabidoo notuit.