GMH/ÍNDICE A-Z

265
1344, febreiro, 3
foro

O cabido afóralle a perpetuidade a Xoán Martínez dúas leiras de monte en Ceín, no lugar chamado Lagar da Capela, por quinta e vasalaxe.

ACOu, Escrituras VI, 49

(ed. A. López Carreira, Ourense no século XV, 180)

Sabeam quantos esta carta virem que eu don Pero Suares dean d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados por canpaa taniuda enna costra nova de San Martiño hu he de custume de nos juntarmos a faser cabidoo, damos a foro a vos Johan Martines morador en Raayro e a toda vossa vos para senpre duas leyras de monte que o dito cabidoo ha en termino de Çeym enno lugar que chaman o Lagar da Capela por tal condiçon que chantedes o dito monte de vina e lavredes a dita vina e paredes ben en tal meneira que non defalescan por mingua de lavor et de boon paramento et dedes a nos o dito cabidoo en salvo en cadahuun anno a quinta parte de todo o froyto que deus y der, a conposta na vina e o vino no lagar, por omme do dito cabidoo, ao qual devedes aproveer de comer e de bever cumunalmente mentre collerdes os froytos das ditas vinas, et seerdes vasallo do dito cabidoo servente et obidiente. Et se quisserdes vender ou obligar as ditas vinas ou parte delas non devedes vender nen obligar senon a nos o dito cabidoo ou a cadahuun de nos polo justo preço, et se a nos ou cadahuun de nos non quisermos reçeber vendudas ou obligadas que enton vendades ou obliguedes a atal pesona que seia semelavil de vos e que nos queramos reçeber por foreyro. Et se contenda recleçer entre nos e vos ou vossa vos sobre rason das ditas vinas que se determine por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes sen outra apelaçon nenhuna. Et nos obligamos os beens da nossa mesa para vos e toda vossa vos seerdes anparados senpre a dereito con as ditas leyras de vinas. Et eu o dito Johan Martines para lavrar e parar ben as ditas vinas e para conprir e aguardar todas estas cousas e cadahuna delas obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Feita a carta en Ourense enno dito cabidoo, tres dias de fevereiro, era de mill e tresentos e oyteenta e dous annos. Tests. Martin Migues clerigo do coro, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo, Diego e Gomes omes de Johan Gonçalves coengo.

Et eu Affonsso Lourenço thesoureyro da igleia d’Ourense e chanceler dessa çidade a esto presente foy e fige ende fazer duas cartas en hun tenor et en cadahuna delas puge o meu sinal na era, mes, dia e lugar sobreditos.

(sinal)