GMH/ÍNDICE A-Z

E1-22
1436, xuño, 12
Cabido e Concello ratifican os seus homes bos –Martín Sánchez, abade da Trindade, polo Cabido e o rexedor Álvaro Afonso polo Concello– para dirimiren o preito sobre a exención tributaria do forno. (fol. 12-12v)

Conpromiso do forno.

Et despois desto, a dose dias do dito mes do dito anno, enna iglesia de San Martiño, presentes y Afonso Gonçalves coengo enna iglesia d’Ourense et vigario do dean enna dita iglesia et Martin Sanches abade da Triindade et Fernando Anes arçediano de Castela enna dita iglesia et Martin Anes arçediano de Limia, Gomes Yanes canonigo enna dita iglesia et Loys de Myra canonigo enna dita iglesia e procurador do dito cabiidoo, logo todos ordenaron e diseron que por rason que era pleyto e contenda ontre o dito cabiidoo et et o conçello da dita çibdde sobre rason do forno que esta enna Rua da Pixutaría, de que o dito cabiidoo desian que non devian de pagar ennos (ditos)* pedidos et trebutos e jantares et (fol. 12)
noso señor el rey et o dito conçello desian que sy, et por se quitar dos ditos pleytos et contendas e traballos e odios e malquerenças et vyr a boa paz et concordia e amorío, poseron por seus omens boons o dito cabiidoo ao dito Martin Sanches abade et o dito conçello ao dito Alvaro Afonso rejedor, segundo que o ja avyan posto, para o que anbos en huun acordo o librasen como quisesen et por ben tevesen ou como achasen por dereito aviindo e conpoendo, et que o libren en todo este mes de junyo et que toda sentença que deren que as ditas partes que esten en elo, penna çen frolliins etç., et renunçiaron etç., deron poder a qual quer justiça etç., conpromiso forte e firme etç., et non se podendo ygoalar os ditos omeens boons que (o libren)* os ditos omes boons ontre anbos posan tomar huun terçeiro a praser delles anbos e non de outra maneira et que o dito terçeiro que o libren con elles et con qual quer delles como quiseren e por ben teveren aviindo et conpoendo etç. segundo dito he etç. Et logo Garçia Dias d’Espinosa e Alvaro Afonso et Gomes de Chantada et Estevo Fernandes que presentes estavan asy consentiron et outorgaron outro tal poder ao dito Alvaro Afonso rejedor etç. e su a dita penna et con as ditas condiçoens etç. Tests. Joan Afonso dos Fornos, Gil d’Anande, Lopo Carneiro, Joan de Larino raçoeiro et Fernando da Arca, Rodrigo escripvan. (fol. 12v)