GMH/ÍNDICE A-Z

011
1457

(12V)

-11-

Rrequirimẽto / [Jon]6 Seco e outros.

Ẽno dito porto, este dito dja e ano4. Jon Seco e Jon Cãtelrra e Pero de Villa/nustre por si e en nome4 de Johán Pereyreyros e Garçía Mjgés, porlos / quales se obligauã, derõ por seu fiador aa mão a Diego Garçía, morador / ẽno dito porto, para conprir de dereyto a Jon Vjdal e a Ferrnand Seco, porque a súas / notiçias era venjdo que tragíã carta do señor Sueyro Gomes para os penorar, / e que estauã prestes para les rresponder a dereyto ante o señor arçobispo, ou ante seus / juíses e oydores, ou ante o señor Sueyro Gomes, ou ante que(e)n cõ dereyto deuesẽ; / e que por esta rrasón defendíã e anparauã súas casas e bẽes cõ o dito / fiador a dereyto fasta ser vençidos e oýdos por dereyto, porque lles nõ erã / obligados a cousa algũa. Testigos: Jon Crespo e Diego de Villanustre / e Ferrnando de Cãpelo e Bieyto Lopes, moradores do dito porto.

Pedírõlo por testimoyo64.

IIIJº brancas.

 

_______

4. Leva un trazo sobre a palabra.
6. O papel está rompido.
64. Pedírõlo por testimoyo está engadido tralo peche da nota.