GMH/ÍNDICE A-Z

72

1418, febreiro, 28.

Enno anno do Naçemento de Nosso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto annos, lues, viinte et oyto dias do mes de fevereiro. Sabean quantos esta carta viren, como nos o Conçello et alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago, seendo juntados enno sobrado da notaria //
(Fol. 33 vº)
de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil, segundo avemos de uso et de custume, presentes ende Juan Ares da Cana et Martin Galos, alcalles enna dita çidade et Martin Serpe, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Gomes Rodriges, bachiller en decretos, Afonso Fernandes Abril, Afonso Juliate, regidores jurados enna dita çidade et Pero Leiteiro et Alvaro Gil, nosos procuradores et presentes outrosy Johan Duran et Juan Garçia de Vilarente et Migell Rodriges do Vilar vesiños da dita çidade, os quaes nos o dito conçello et alcalles et regidores sobreditos eligimos para que por parte dos mercadores et dos outros ofiçios et comunidade da dita çidade estevesen con nos os ditos alcalles et regidores et procuradores a as posturas et repartimentos de quaesquer contias de maravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar et coller et repartir et derramar este dito anno et ao tomar das contas, outorgamos et connosçemos que reçebemos de vos Benald Yanes do Camiño et Gil Peres nosos procuradores que fostes o anno de mill et quatroçentos et des et seis annos que se começou a quinse dias do mes de mayo do dito anno et de fiinçeu enno mes de mayo do anno que pasou de mill et quatroçentos et des et septe annos, boa conta, çerta, leal et verdadeira, asi por lo graande como por lo miudo de contia de quoreenta et quatro mill et septeçentos et noveenta et dous maravedis moeda vella, contando blanqua a tres dineiros, os quaes ditos maravedis vos os sobreditos por nos et en noso nome et como nosos procuradores reçebestes et recabdastes o sobredito anno en esta guisa que se sigue: primeiramente que recadastes hũa terça de hũa renda de triinta mill maravedis que monta des mill maravedis da dita moeda en esta guisa: vos o dito Bernald Yanes, çinquo mill e tresentos et triinta et seis morabetinos et quatro coroados das çinquo colações de bayxo et vos o dito Gil Peres acadastes das çinquo colações de çima quatro mill et seisçentos et sessenta et tres morabedis et dous coroados, que fasen asy os ditos des mill morabedis. Iten que acadastes mais outra renda enteira de triinta mill moravedis de moeda vella que nos mandamos coller dos quaes vos o dito Bernald Eanes acadastes das çinquo colações de çima trese mill et noveçentos et noveenta moravedis et vos o dito Gil Peres das çinquo colações de baixo acadastes des et seis mill et des maravedis que fasen asi os ditos triinta mill maravedis. Iten que acadastes de Afonso Dominges da Pena da portajẽe et peso que de nos ten arrendado do derradeiro terço deste dito anno et dos dous terços do dito anno de mill e quatroçentos et des et septe annos, tres mill et dusentos moravedis dos quaes acadastes vos o dito Bernald Yanes os dous terços et medio et vos o dito Gil Peres medio terço. Iten que acadastes vos o dito Gil Peres de Juan Garcia, noso procurador que foy, tresentos et des et oyto moravedis da dita moeda; Iten que acadastes mais vos o dito Gil Peres de Juan Peres desẽedor da casa do pescado que de vos ten arrendada, quinentos et çinquoenta moravedis do dito anno. Iten que acadastes vos o dito Gil Peres das aviinças dos moleiros da ribeira de Sarela et de duas viuvas, dusentos et seseenta moravedis de moeda vella que nos avian de dar o dito anno. Item que recadastes vos o dito Bernald Eanes estas aviinças de çertas personas ajuso contiudas que nos avian a dar o dito anno primeramente de Pero Nunes triinta moravedis et de Juan Costas quoreenta moravedis et de Mestre Rojel viinte moravedis et de Afonso Gomes canbeador quoreenta moravedis et de Mestre Xufreu quoreenta moravedis et de Juan Paes, alfayate viinte et quatro moravedis et de Afonso Fernandes, peliteiro, viinte moravedis que monta asy estas aviinças de suso ditas dusentos et quatorse moravedis. Item que recadastes mais vos o dito Bernald Eanes de aviinça de Fernan Guardado viinte et çinquo moravedis et de Costança Asivada des moravedis et de Afonso de Leon asibicheiro triinta maravedis et de dona Maria a que finquo de Juan Nunes seseenta maravedis et de Martin de Bugeiros çinquoeenta maravedis et de Martin de Brion de foro da casa que de nos ten aforada aa Porta de Fajeiras çinquo moravedis et de dous bitunqueiros (?) saseenta moravedis //
(Fol. 34)
et de Juan Garçia Orellas des moravedis, que monta asi dusentos et çinquoenta moravedis da dita moeda et asi son conpridos os ditos quoreenta et quatro mill et septeçentos et noveenta et dous moravedis de moeda sobredita, que vos os ditos Bernald Eanes et Gil Peres por nos et en noso nome reçebestes et recabdastes o dito anno enna maneira que dita he et segundo que suso he declarado, et os quaes ditos maravedis por noso mandado destes et pagastes en esta guisa: Iten que pagastes a Fernand Ares Xarpa dos marcos del rey que avya de aver este dito anno de que fostes nosos procuradores mill et seisçentos moravedis de moeda vella os quaes pagastes cada hũu a medade. Iten que destes a Juan Peres, alfayate que pagase ao Endeantado do do jantar del rey que avia de aver este dito anno de que fostes procuradores septeçentos et viinte moravedis da dita moeda, os quaes pagastes cada hũu a medade. Iten que destes vos o dito Bernald Eanes a Alvaro de Mandayo que dese a Diego Fernandes de Burgueiros noso procurador que estava enna corte de noso señor el rey ennos pleitos que avemos con os conçellos de Pontedeume et Ferrol et Vilalva quatroçentos et oyteenta maravedis da dita moeda. Iten que destes vos o dito Bernald Eanes a o dito Alvaro de Mandayo por noso mandado por levar os ditos moravedis a o dito Diego Fernandes quinse moravedis da dita moeda. Iten que pagastes vos o dito Bernal Yanes a Fernan Gonçales, recadador por noso mandado dos moravedis que lle deviamos das pujas dos marcos de noso señor el rey dos annos pasados que non foron librados ao dito Fernand Ares septeçentos et oyteenta et tres moravedis et seis dineiros de moeda vella. Iten que pagastes a Gomes Rodrigues (sic), bachiller que avia de aver o dito anno dos marcos do arçobispo do dito anno mill et oytoçentos et cinquoeenta moravedis da dita moeda, os quáes pagastes cada ũu a meadade. Iten que pagastes a Diego Lopes que lle nos deviamos dous mill moravedis da dita moeda, os quaes pagastes cada ũu a meadade. Iten que pagastes a Martin Serpe et a Vaasco Troquo, alcalles que foron o dito anno por coller o terço da dita renda seisçentos et sesenta et seis maravedis et quatro coroados que pagastes cada hũu a meadade. Iten que pagastes vos o dito Bernald Eanes a Afonso Lourenço raçoeiro por la capelania de Santa Cathalinna çento et oyteenta moravedis da dita moeda. Iten que pagastes vos o dito Gil Peres aos beesteiros que foron en gia con os moravedis del rey que levou Rui Gonçales da Costanilla, quoreenta et oyto moravedis da dita moeda. Iten que pagastes vos o dito Bernald Eanes a Garçia Rodriges, canbeador, por lo afan de sẽer noso procurador dous meses viinte maravedis. Iten que pagastes a Gomes Rodriges, bachiller por lo selario que ha de aver de nos por sẽer noso avogado este dito anno, quatroçentos moravedis, os quaes pagastes cada hũu a meadade. Iten que pagastes vos o dito Bernald Eanes por fontoiras para os sejes do sobrado da notaria et cravos et jornaes dos carpenteiros et vianda para eles, çinquoeenta et nove moravedis. Iten que pagastes vos os sobreditos a Martin Garçia, porteiro de noso señor o arçobispo, seseenta moravedis, que lle nos mandamos dar. Iten que pagastes mays vos os sobreditos a Pero Eanes Abraldes et a Bernald Yanes do Camiño por lo selario das taboas do conçello. triinta et dous maravedis. Iten que pagastes vos o dito Bernald Yanes a Alvaro de Mandayo quando trouxo as cartas de Castela de Diego Fernandes, des moravedis. Iten que pagastes vos o dito Bernald Yanes ao que fui leer as cartas descomoyo aos concellos que pagasen os maravedis do repartimento para o pleito quoreenta moravedis. Iten que destes vos o dito Bernald Eanes ao moço que escriveu as cartas des moravedis. Iten que destes vos o dito Bernald Yanes a Rui Martines por la procuraçon para Diego Fernandes, nove maravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Diego Garçia d’Ansõo para yr en segimento do enplaso ante o Correjedor que nos feseron os conçellos de Pontedeume et Ferrol et Vilalva, sateenta moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a o dito Diego Garçia para presentar ante o Correjedor as escrituras, triinta moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Garcia Rodriges, canbeador, noso procurador que fui que el diso que gastara por nos et para en pago dos tresentos maravedis que el dou a Gomes Rodriges et a Rui Martines notario quando foron a Betanços en segimento do dito pleito que avemos con os ditos conçellos dusentos et des maravedis da dita moeda. Iten que destes vos o dito Gil Peres a o mensajeiro que //
(Fol. 34 vº)
enviamos a a Corte en segimento da apelaçon que por nos fui interposta ante o dito Correjedor que a levase a Diego Fernandes que a presentase çento et çinquoenta moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres para presentar a dita apelaçon enna corte noveenta et seis moravadis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Gonçalvo de Millares que enbiamos a corte despois en segimento do dito pleito, çento et oyteenta moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Rui Martines, notario, por dar as escrituras que pertẽeçia en publica forma para enviar a a corte noveenta et tres moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres ao dito Rui Martines, notario, por la carta do repartimento que o dito señor arçobispo feso en que pagasen os conçellos os maravedis das custas que fasiamos enno dito pleito, dose moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Sueiro da Enfesta, noso servente, por yr publicar as ditas cartas de repartimento aos ditos conçellos de Pontevedra et Noya et Muro et Padron quoreenta moravedis. Iten que destes a Rui Fernandes vos o dito Gil Peres que diso que gastara enno dito pleito que avemos con os ditos conçellos, onse moravedis et medio. Iten que reçebemos en conta a vos o dito Bernald Eanes, do terço da renda en que fui repartido Johan Garçia Orellas, que non avia de pagar por rason da aviinça que con nos tĩina feita por quanto cabia enna vosa copia que aviades de recadar seis maravedis et quatro coroados. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Garçia Rodriges, noso procurador que fui que dise que gastara por nos este dito anno seisçentos et seseenta et tres moravedis et medio da dita moeda. Iten que destes e pagastes vos o sobreditos a Diego Lopes de Toledo que lle deviamos o anno que pasou de mill et quatroçentos et des et septe annos, dous mill maravedis de moeda vella. Iten que pagastes anbos a Afonso da Caña, noso servente, dusentos moravedis que ha de aver do seu salario que an de aver de nos este dito anno dusentos et quoreenta et dous maravedis et quatro coroados. Iten que pagastes vos o dito Bernald Eanes a Domingo Longo noso servente çento et viinte moravedis et a Juan d’Oural noso servente noveenta moravedis et a Fernan Bieites noso servente, noveenta moravedis que monta todo tresentos maravedis que an de aver de selario este dito anno de nos. Iten que destes vos os sobreditos a Rui Martines por los infintos de terça renda que vos mandamos coller viinte moravedis et que lle destes por los infinitos da renda dos triinta mill moravedis viinte et seis moravedis que monta todo quoreenta et seis moravedis. Iten que pagastes anbos a Pero Rodriges Sopas que el de nos ha de aver este dito anno por lo peso do conçello por rason de nosa casa do conçello da carniçaria, çento et des maravedis. Iten que pagastes vos o dito Bernald Yanes a seis beesteiros que foron en gia con os dineiros al rey este dito anno quoreenta et oyto moravedis. Iten da renda et fallas de vos o dito Gil Peres da terça renda que colleu o dito Bernald Yanes que aviades de sẽer quito por rason do dito procuratorio quoreenta et hũu morevedi et septe dineiros. Iten que pagastes vos o dito Bernald Yanes a Juan Duran por las custas que feso enno pleito que avia por nos con Fernan Garçia, alfayate, quoreenta moravedis. Iten que despendestes en viño et froyta et papel et çera quando seelaron os cobres para facer os alcalles por janeiro, quatorse moravedis. Iten que pagastes vos o dito Gil Peres a Pero Afonso et a Sueiero da Enfesta et a Gonçalvo Peres nosos serventes que avian de aver de seu selario este dito anno dusentos et septeenta moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres por lo traslado do enpraso et testemoyas et resposta que nos demos a os ditos conçellos de Pontedeume et Vilalva et Ferrol et que destes a Alonso Peres escrivan por sẽer deligente en escrivyr as escrituras dos moravedis et medio. Iten que destes por la escarçela para levar estas escrituras et que gastastes en viño et troyta con o notario en tres dias que poseron en as escrivir, trese maravedis et dous dineiros.
Esta folla que de aqui faleçe tirey eu Ruy Martines notario de aqui por quanto o scrivano que escrivio esta carta en este libro errou (...) partido dela de guisa que se non.
Iten que destes vos o dito Gil Peres por hũa cousela para levar as petiçoes a a Reyna, tres moravedis et por çera para seelar as peticões quatro blanquas et por papel para os testimoyos et traslados et petições hũu moravedi. Et que destes a o moço que trasladou a carta de Diego Fernandes de Burgos et que gastastes en vino et froyta quando seelaron as ditas petições en casa de Pero Yanes Abraldes, dous maravedis, que monta todo oyto maravedis et septe dineiros. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Rui Martines por lo traslado do repartimento que noso señor o arçobispo feso aos conçellos de Pontevedra et Noya et Muro et Padron et dous maravedis et quatro dineiros et por hũa carta descomoyo porque pagasen et por outra carta de peñora para que os peñorasen dose moravedis, et que destes ao que tirou as custas que nos fesemos en este pleito que estavan escritas enno noso livro que feseron Juan Garcia et Ares Chantreiro nosos procuradores que foron, trese dineiros que monta todo quinse moravedis et septe dineiros. Iten que destes vos o dito Gil Peres ao moço que levou as procuraçoes dos ditos conçellos a Diego Fernandes noso procurador a a corte  del rey des moravedis. Iten que pagastes vos o dito Gil Peres a Juan de Boado, clerigo, que de nos ha de aver por selario do relogio este dito anno, çento et çinquoenta moravedis. Iten que gastastes vos o dito Gil Peres en apostar as portas do muro da çidade a de San Françisco et a da Pena por seis pontõos de cada ũu septe moravedis et por duas travesas et hũu cabro et outra madeira para elas, honse moravedis et por quatro levuas de çerna que mercastes a Fernan Peres, toneleiro por honse moravedis et que destes por triinta et tres cravos de branqua cada hũu nove moravedis et nove dineiros que monta eso todo septeenta et tres moravedis et nove dineiros que monta esto todo septeenta et tres moravedis et nove dineiros. Iten que destes ao correjador que carrejou aas portas a madeira, tres moravedis et seis dineiros et que custaron mais cravos de dineiro para as ditas portas et outros cravos mais pequeños des et septe moravedis et oyto dineiros et que destes a Juan Trigo por apostar hũa palmela da porta tres moravedis et que destes por hũu cantolrron que deytaron a a porta de Maçarelas seis dineiros que monta todo viinte et quatro moravedis et septe dineiros. Iten que destes a Fernan das Mariñas et a outros dous carpenteiros que apostaron as ditas portas en dous dias a cada hũu nove moravedis que monta çinquoeenta et quatro moravedis et que destes a Afonso do Barquo por apostar a fechadura et por los cravos para a deytar des et seis moravedis et hũu dineiro que monta todo seseenta moravedis et hũu dineiro. Iten que reçebemos en conta a vos o dito Gil Peres da terça da renda que collestes et das dereituras çinquo colações da renda et fallas de Fernand Afonso //
(Fol. 35 vº)
Xar (...) triinta et quatro moravedis et dous coroados et da terça renda et fallas de Maior Ares, sua sogra des et septe moravedis et quatro coroados que monta todo çinquoeenta et dous moravedis. Iten mais que reçebemos en conta a vos o dito Gil Peres da terça renda de Vaasco Troquo alcalle triinta et seis moravedis et quatro coroados et da terça renda et fallas de Bernald Yanes noso procurador triinta et tres moravedis et dous coroados et da terça renda et fallas de Fernan Alfonso da Algara que lle quitamos a rogo de Pedro Vermuũs, quatorse moravedis et dous coroados et da terça renda et fallas de Afonso de Leon viinte moravedis et medio que monta todo çento et des e nove moravedis et hũu coroado. Iten que pagastes vos o dito Gil Peres et despendestes en apostar a nosa casa do pescado primeiramente que destes por çinquo moyos et medio de tella a onse moravedis o moyo que monta seseenta moravedis et medio et que destes por duas cargas de ripias dose moravedis et por dous cabros para o tellado oyto branquas et por hũu cabro de oyto covedos oyto blanquas et por quatorse taboas çinquoeenta et seis moravedis que monta todo çento et quoreenta et hũu moravedi et tres dineiros. Iten que destes a tres carpenteiros que esteveron enna apostar quatro dias que eran dose jornaes a cada carpenteiro, que monta çento et oyto moravedis. Iten que pagastes vos anbos de por medio por suso mandado a noso señor o arçobispo do serviço con que servimos o anno de mill et quatroçentos et des et septe annos viinte mill moravedis de moeda vella. Iten que destes vos o dito Gil Peres por quatro medidas de ferro por que se marqasen as medidas do azeyte desta dita çidade quinse moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres por duas cartas descomoyo para todos os que tĩinan algũas escrituras do conçello et para os alcalles que fesesen vender o pescado a o peso dose moravedis. Iten que pagastes vos os sobreditos a Pedro Eanes Abraldes et a Fernan Ares, alcalles que avian de aver de seu selario por rason dos ofiçios et por coller a renda dos triinta mill moravedis dous mill et seisçentos moravedis. Iten que despendestes vos o dito Bernald Yanes en viño et froyta en casa do bachiller quando cataron as escrituras que eran ontre nos et o cabidõo, cinquo moravedis. Iten que reçebemos en conta a vos o dito Bernald Yanes estas fallas da renda dos triinta mill moravedis destas personas a juso declaradas primeiramente da renda et fallas de Pedro Yanes Abraldes, alcalle çento et viinte et seis moravedis. Et da renda et fallas de vos o dito Bernald Yanes çento et quatro moravedis que monta dusentos et triinta moravedis. Iten da renda et fallas de Fernand Ares Xarpa çen moravedis //  
(Fol. 36)
et da renda et fallas de Mayor Ares çinquoeenta moravedis et da renda et fallas do anno de Diego Lopes viinte et nove moravedis, que monta çento et septeenta et nove moravedis. Iten da renda et fallas de Fernand Afonso da Algara que quitamos a Pedro Vermũus quoreenta et dous moravedis et da renda et fallas de Juan Gonçalves, çapateiro, que quitarnos a o arçobispo quoreenta et tres moravedis que monta oyteenta et çinquo moravedis. Iten que reçebemos a vos o dito Gil Peres da vosa renda et fallas çento et viinte et çinquo moravedis. Iten que reçebemos de vos o dito Gil Peres da renda et fallas de Martin de Bugueiros çinquoeenta moravedis et da renda et fallas do marido da pãadeira do cabidõo que quitamos a o Dean dose moravedis et da renda et fallas de Johan de Montaaos que quitamos a o Dean dose moravedis et medio et da renda et fallas de Juan Garcia Orellas viinte moravedis et da renda et fallas de Johan Rodriges criado do arçediago da Reyna que quitamos ao dito arçediago dose moravedis que monta çento et seis moravedis et medio. Iten que pagastes vos o dito Gil Peres a Martin Serpe et a Alvaro Gil para a agoa do Canpo, dusentos moravedis vellos. Iten que destes vos o dito Gil Peres ao mesajeiro que levou a querela de Gonçalvo Rodriges de Reyno ao arçobispo dose moravedis et seis dineiros et que despendestes vos o dito Gil Peres quando enbiamos sobrelo ao arçobispo a Padron quoreenta moravedis que monta todo çinquoeenta et dous moravedis et seis dineiros. Iten que pagastes vos o dito Gil Peres a Fernan Rodríguez da Treyade que pagase por nos ao Endeantado do jantar del rey que lle deviamos do dito anno de mill et quatroçentos et des septe annos septeçentos et viinte moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres por lo traslado da demanda que contra nos poso Juan Bõo dose dineiros. Iten que destes en conta vos o dito Gil Peres que gastarades en custos miudos por nos de que non escrivirades que eran seseenta moravedis et a vos o dito Bernald Yanes que gastarades en outros custos miudos que non escrivirades seseenta moravedis que monta çento et viinte moravedis. Iten que pagastes vos o dito Bernald Yanes a Juan Abraldes por la pedra de Monteoris para faser o rollo de Monteoris çento et çinquoeenta moravedis. Iten que despendestes vos o dito Gil Peres enna obra de Montooris esta feira viinte dias de mayo que se começou a faser et sabado siginte a oyto carpenteiros et a o moço de Alvaro da Rocha a cada ũu tres moravedis por cada dia, que son des et oyto jornaes que monta çinquoeenta et quatro moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a des et nove serventes do Girio que esteveron a servir estes dous dias de suso a cada hũu moravedi que monta des et nove moravedis. Iten que destes ao lũes seginte a Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et seis carpenteiros outros a cada hũu oyto moravedis et a outro carpenteiro oyto moravedis que monta todo seseenta et oyto moravedis. Iten que destes mais ao martes seginte ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros aos seis a oyto moravedis et a hũu tres moravedis et a tres serventes do Girio tres moravedis que monta seseenta et seis moravedis. Iten que destes quinta feira seginte a outros carreteiros que andaron a carretar pedra viinte moravedi et a Juan Rodriges Alvariño por dous dias que procorou des moravedis que monta triinta moravedis. Iten esta feira seginte esteveron enna dita obra o dito Alvaro da Rocha et seu moço a quen destes dose moravedis et mais a septe carpenteiros a cada ũu oyto moravedis que monta saseenta moravedis. Iten que destes a o sabado seginte ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros a cada ũu oyto moravedis et a outro carpenteiro tres moravedis et a dose serventes do Girio dose moravedis que monta todo oyteenta et tres moravedis. Iten que destes a Afonso Peres et Juan das Mariñas et a outros dous carpenteiros que foron coller madeira a Fecha et esteveron dous dias enna coller a cada ũu cada dia tres moravedis et que destes a Vaasco Peres Cabeça por quatro dias que estevo a procurar a obra viinte moravedis que monta quoreenta et quatro moravedis.  //
(Fol. 36 vº)
Iten que destes aos carreteiros que trouxeron a madeira de Fecha para o rollo viinte moravedis et que destes por duas palmelas et dous golfoos et cravos para o gindastes dose moravedis que monta triinta et dous moravedis. Iten que destes mais por tres cargas et quarta de cal quoreenta et oyto moravedis et que destes a Vaasco Peres Cabeça a alende os quatro dias que estevo enna obra por viinte et quatro dias que estevo despois por cada dia çinquo moravedis que monta todo çento et seseenta et oyto moravedis. Iten que destes en conta vos o dito Bernald Yanes que despenderades enna obra do rollo martes o primeiro día de juyo a Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a quatro carpenteiros a cada ũu tres moravedis et a dous serventes da vila oyto moravedis et a des e seis serventes do Girio des et seis moravedis que monta quoreenta et oyto moravedis. Iten quarta feira seginte, que destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a çinquo carpenteiros a cada ũu tres moravedis et a des e nove serventes do Girio des et nove moravedis, que monta quoreenta et seis moravedis. Iten a quarta feira seginte, que destes a o dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a Fernan de Rex oyto moravedis et a seis carpenteiros a cada ũu tres moravedis et a dous serventes da vila oyto moravedis et a des et nove serventes do Girio des et nove moravedis que monta seseenta et çinquo moravedis. Iten esta feira seginte ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a dous serventes da vila oyto moravedis et a tres carpenteiros a cada hũu tres moravedis et a des serventes do Girio des moravedis et a outros oyto carpenteiros a cada hũu oyto moravedis, que monta todo çento et tres moravedis. Iten ao sábado seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a tres carpenteiros a cada ũu tres moravedis et a oyto carpenteiros a cada hũu oyto moravedis et a dous serventes da vila oyto moravedis et a des et nove serventes do Girio hũu moravedi a cada hũu, que monta çento et dose moravedis. Iten lũus septe dias destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a outros oyto carpenteiros oyto moravedis a cada hũu et a hũu carpenteiro tres moravedis et a dous serventes da vila oyto moravedis et a septe serventes do Girio septe moravedis que monta noveenta et quatro moravedis. Iten ao martes seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a dous carpenteiros seis moravedis et a seis carpenteiros a cada ũu oyto moravedis et dous serventes da vila oyto moravedis et por tres carros de pertegas seis moravedis et a seis carros que eran dose omes, dose moravedis que monta noveenta et dous moravedis. Iten quarta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a quatro carpinteiros tres moravedis a cada ũu et a septe carpenteiros a cada hũu oyto moravedis et a dous serventes da vila nove moravedis et a septe serventes do Girio septe moravedis que monta noveenta et seis moravedis. Iten que destes por quatro cargas de cal para o rollo a quinse moravedis por cada carga que monta seseenta moravedis. Iten esta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a nove carpinteiros a cada hũu oyto moravedis, que monta cento et oyto moravedis. Iten sabado seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a nove carpenteiros oyto moravedis a cada hũu et a dous serventes da vila nove moravedis et a quinse serventes do Girio quinse moravedis, que monta çento et oyto moravedis. Iten lũus quatorse dias, destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis //
(Fol. 37)
et a çinquo carpenteiros a cada hũu oyto moravedis et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis et a des serventes do Girio des moravedis et ao carrejador que levou o calabre para o guidaste çinquo branquas, que monta oyteenta et hũu moravedi et medio. Iten a o martes seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros oyto moravedis a cada ũu et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis et a septe serventes do Girio septe moravedis et por tres libras de chunbo para as portas septe moravedis et medio que monta çen moravedis et medio. Iten quinta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a oyto carpenteiros a cada ũu oyto moravedis et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis et a des serventes do Girio des moravedis por hũa fechadura et hũu ferrollo para o rollo, trese moravedis et medio que monta çento et des et septe moravedis et medio. Iten quinta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a des carpenteiros oyteenta moravedis et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis e quatorse serventes do Girio quatrose moravedis, que monta çento et viinte et quatro moravedis. Iten esta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a nove carpenteiros septeenta et dous moravedis et a quatro serventes por dineiro des et oyto moravedis et a onse serventes do Girio honse moravedis que monta çento et trese moravedis. Iten sabado siginte destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a des carpenteiros oyteenta moravedis et a quatro serventes por dineiro des et oyto moravedis et a onse serventes do Girio honse moravedis et a hũu carpenteiro tres moravedis et que destes por nove cravillas para as traves viinte moravedis, que monta çento et quoreenta et quatro moravedis. Iten lũus viinte dias destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a oyto carpenteiros seseenta et quatro moravedis et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis et a septe serventes do Girio septe moravedis et que monta noveenta et nove moravedis. Iten martes seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a çinquo carpenteiros, quoreenta moravedis et a des serventes do Girio des moravedis et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis et por hũa carga de pertegas hũu moravedis que monta oyteenta et hũu moravedis. Iten quarta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a seis carpenteiros quoreenta et oyto moravedis et a quatro serventes da vila des et oyto moravedis et a onse serventes do Girio honse moravedis et por duas cargas de pertegas dous moravedis et ao carrejador que levou a corda a casa de Fernan Gonçales, quatro blanquas, que monta noveenta et dous moravedis et dous dineiros. Iten esta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros çinquoeenta et seis moravedis et a quatro serventes por dineiro des et oyto moravedis et a des serventes do Girio des moravedis que monta noveenta et seis moravedis. Iten sabado seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros cinquoeenta et seis moravedis et a quatro serventes des et oyto moravedis et a oyto serventes do Girio oyto moravedis hũa aparelloa çinquo moravedis que monta noveenta et nove moravedis. //
(Fol. 37 vº)
Iten lũus viinte et septe dias, destes ao dito Alvaro da Rocha et a seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros çinquoeenta et seis moravedis et a quatro serventes des et oyto moravedis et a seis serventes do Girio, seis moravedis que monta noveenta et dous moravedis. Iten que pagastes quinta feira triinta dias ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros çinquoeenta et seis moravedis et a quatro serventes des et oyto moravedis et a oyto serventes do Girio oyto moravedis que monta noveenta et quatro moravedis. Iten esta feira seginte destes ao dito Alvaro da Rocha et seu moço dose moravedis et a septe carpenteiros çinquoeenta et seis moravedis et a quatro serventes des et oyto moravedis et a septe serventes do Girio septe moravedis, que monta noveenta et tres moravedis. Iten que destes a Alvaro da Rocha et a seu moço quando feseron as almeas dose moravedis et a des carpenteiros oyteenta moravedis que monta noveenta et dous moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres aos fraires de Santo Domingo para o capitolo, tresentos moravedis. Iten do selario de vos o dito Bernald Yanes et Gil Peres, nosos procuradores que aviades de aver de noso dito anno por rason do dito procuratorio dous mill moravedis. Iten que destes vos o dito Bernald Yanes a des serventes do Girio que serveron aos carpenteiros que feseron as almeas des moravedis. Iten que destes vos o dito Gil Peres a Pero Leiteiro noso procurador çento et çinquoeenta et dous moravedis et tres dineiros. Et asi son cunplidos et pagados os ditos quoreenta et quatro mill et septeçentos et noveenta et dous moravedis da sobredita moeda, os quaes ditos moravedis, vos os ditos Bernald Yanes et Gil Peres destes et pagastes por noso mandado aas personas suso contiudas et enna maneira que dita he, segundo que de suso he declarado. Et dos quaes ditos moravedis nos outorgamos por entregos et ben pagados et renunçiamos a exençon do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario et testemoyas et a a ley que dis que se pode opoer esta exençon et que se feso a confeson so asperança de paga et renunçiamos aas leis que disen que as ditas eixençoes se poden opoer fasta çertos tenpos. Et por ende damos por quitos et libres doje este dia endeante para todo senpre a vos os ditos Bernald Yanes et Gil Peres et a vosos herdeiros et subçesores et de cada ũu de vos dos ditos quoreenta et quatro mill et septeçentos et noveenta et dous moravedis da moeda sobredita que asi reçebestes et recabdastes en noso nome et como nosos procuradores que fostes o sobredito anno por quanto os destes et pagastes por noso mandado enna maneira que dita he et segundo que de suso fas mençon et prometemos non vos demandar d’aqui endeante por la dita //
(Fol. 38)
rason en juizo nen fora del en algũo tenpo nen por algũa maneira, so pena do dobro da dita contia que vos pagemos por pena se contra elo viernos et a pena pagada ou non pagada todavia esta carta de pago et as cousas en ela contiudas fiquen firmes et vallan para senpre et nos os ditos Bernald Yanes et Gil Peres que presentes somos asi o reçebemos. Feita a carta enna dita çidade enno sobredito lugar, dia et mes et anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Pero Afonso, notario da dita çidade et Vaasco Peres Abril et Juan Fernandes da Cana et Juan Ares do Vilar et Jacome Gomes, canbeador et Ruy Lourenço. criado de Alvaro Gil, vesiños et moradores enna dita çidade. Feita et dada a os ditos procuradores.


Materias

frade; recadador; xornal; aceite; adiantado maior de Galicia; alfoz; alimentos; apelación; arcebispo; arrendamento; arrieiro; auga; avogado; axudas de custe; axustizamento; branca; cabido; cal; cámara arcebispal; cámara arcebispal; capela; capelán; capítulo xeral; carniceiro; carpinteiro; carpinteiro; carreteiro; carro; carta; carta de conta; casa; casa da carnicería; casa da peixaría; catedral; catedral; cera; cerralleiro; chumbo; cobrados; construción; corda; coroado; corrixidor; corte real; cravo; débeda; diñeiro; emprazamento; escribán; esposo; excomuñón; familia; familia; ferro; fisco; fitoira; fonte; freguesía; froita; guindastre; libro; madeira; manual; marabedí; medidas; mensaxeiro; mercador; mercé; mozo; muiñeiro; muralla; orde dos predicadores; pagamento; panadeira; papel; peaxe; pedra; peixeira; peso; peso; poder; preito; prenda; querela; recadador; rei; reloxo; repartimento; rexistro; selo; servizo; servizo; sogra; tella; tellado; tributo; viaxe; viño; viúva; xantar; Xiro; xustiza; notaría

Persoas

Afonso da Cana, servente; Afonso de León; Afonso de León, acibecheiro; Afonso do Barco; Afonso Domínguez da Pena; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fernández, peliqueiro; Afonso Gómez, cambiador; Afonso Lourenzo, racioneiro de Santiago de Compostela; Afonso Pérez, carpinteiro; Afonso Pérez, escribán; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro da Rocha; Álvaro de Mandaio; Álvaro Xil, procurador do concello Santiago de Compostela; Ares Chantreiro, procurador; Bernal Eáns do Camiño, procurador do concello Santiago de Compostela; Catarina de Láncaster, raíña de Castela; Constanza Asivada; Diego Fernández de Burgueiros, procurador; Diego García de Unzúe; Diego López; Diego López de Burgos; Domingos Longo, servente; Dona María; Fernando Afonso; Fernando Afonso da Algalia; Fernando Ares Serpe; Fernando Ares Serpe; Fernando das Mariñas, carpinteiro; Fernando de Rex; Fernando García, xastre; Fernando Gardado; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Fernando González, recadador; Fernando Pérez, toneleiro; Fernando Rodríguez da Trinidade; Fernando Viéitez, servente; García Rodríguez do Vilar, cambiador e procurador; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e rexedor de Santiago de Compostela; Gonzalo de Millares; Gonzalo Pérez, servente; Gonzalo Rodríguez de Reino; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Maior Ares; Martiño de Brión; Martiño de Burgueiros; Martiño de Burgueiros; Martiño Galos, alcalde de Santiago de Compostela; Martiño García, porteiro do arcebispo de Santiago de Compostela; Martiño Serpe, rexedor de Santiago de Compostela; Mestre Roxel; Mestre Xofre; Miguel Rodríguez do Vilar; Pedro Afonso, servente; Pedro Bermúdez; Pedro Eáns Abraldes; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Pedro Núñez; Pedro Rodríguez Sopas; Roi Lourenzo, criado; Rui González de Costanilla; Sueiro da Enfesta, servente; Vasco Fernández Troco, alcalde de Santiago de Compostela; Vasco Pérez Cabeza; Xácome Gómez; xantar; Xil Pérez; Xil Pérez, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Ares da Cana, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Ares do Vilar; Xoán Bo; Xoán Costas; Xoán das Mariñas, carpinteiro; Xoán de Boado, crego; Xoán de Montaos; Xoán de Oural, servente; Xoán Durán; Xoán Fernández da Cana; Xoán García de Vilarente; Xoán García Orellas; Xoán García, procurador; Xoán García, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán González, zapateiro; Xoán II, rei de Castela; Xoán Núñez; Xoán Páez, xastre; Xoán Pérez; Xoán Pérez, xastre; Xoán Rodríguez, criado do arcediago da Raíña; Xoán Trigo, ferreiro; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

capela de Santa Catarina; Capela dos Reis; Ferrol, concello; Muros, concello; Noia, concello; Padrón, concello; Pontedeume, concello; Pontevedra, concello; Porta da Pena; Porta de Mazarelos; Porta de San Francisco; San Domingos de Bonaval; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, deán; Vilalba, concello; Porta Faxeira

Lugares

Betanzos; Ferrol; Monteooris; Muros; Noia; Padrón; Pontedeume; Pontevedra; Santiago de Compostela; Vilalba