1352, abril, 29. Lugo
In
Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabidoo
da iglesia de Lugo, estando juntados en nosso cabidoo enno coro desta
iglesia con outorgamento de Iohan Ferrnandes, noso coengo, vigario de
don Diego Ferrnandes, dayam dese lugar, et con outorgamento de don
Lopo Domingues, thesoreyro desta iglesia, et teente a amiistraçon do
mes de mayo, da huna parte, et eu Aras Peres da Crus por min et en
nome de minna muller, Maria Martines, et por toda nosa vos, da outra,
fasemos entre nos escambea valedeyra para sempre, conven a saber que
nos, o dito cabidoo, damos para sempre a vos, os ditos Aras Peres et
Maria Martines, para vos et para vosa vos, todas las galinas et ovos
et foros que nos por raçon da dita amiistraçon aviamos et nos
perteesçia d’aver, cada anno, no voso casal et herdamento de
Souto, que foy de Fernan Breago, ou d’outras voses quaesquer que o
nos ou Domingo Martines da Crus ouverdes gaanado ou conprado, que he
sub signo de San Lourenço d’Alveyros, segundo que o ata aqui
trouxestes vos ou outros por vos. Et nos, os ditos Aras Peres et
Maria Martines, por este escambeo que vos, o dito cabidoo, nos dades
et quitades damos-vos en escanbea para sempre seys leyras d’erdade,
das quaes iasen as tres nas cortinas do casal de San Thome das quaes
ias a huna a as Usthoas cabo da leyra da coenga da huna parte, et
fere de testa na leyra dos Moogos et ias cabo do terreo chamado do
Marinnao et fere na outra testa en outro terreo do Marinnao, et fere
de testa na outra leyra da coengo que ias sobrella riba; et a outra
he a leyra que ias sub arriba cabo da outra de Lopo Affonso et fere
de testa na riba, et da outra testa fere na leyra da vos de
Carvalelos, et da outra parte cabo da leyra de Iohan Domingues, que
se parte con ella de por meo; et a outra he a leyra que fere de testa
na castineyra da Alvarina et ias enfaçe cabo da leyra de Carvalelos
et da outra parte a leyra de Lopo Affonso et de testa fere en outra
leyra que foy de Iohan Domingues. Et as outras duas leyras iasen nas
cortinas de Valladares huna delas ias cabo do camo da casa dos frades
et ias cabo o terreo do souto que foy de Iohan Domingues, que o çerca
todo arredor; et a outra fere de testa na casa de Lopo Affonso et ias
en braço cabo da leyra chamada da vos de Pumarino, et da outra parte
cabo da leyra de vos de Carvalelos, et fere da outra testa na leyra
da vos do Novesario. Et a outra leyra ias na agra do Carraldaio cabo
da leyra de Lopo Affonso et da outra parte cabo da leyra que foy de
Iohan Domingues, et fere de testa na carreyra de Valladares et da
outra testa na leyra da coenga que son sub o dito signo.
Et
estes escambeos sobreditos nos damos huuns a outros para senpre por
iur d’erdade et obligamos nosos bees et de nosos suçesores,
gaanados et por gaanar, para nos los faser de pas huuns para senpre.
Et logo por esta presente carta nos damos huuns a outros o iur et a
posison et propiedade das cousas sobreditas, que nos damos huuns a
outros, et prometemos a a boa fe de non viir contra esto en ningun
tenpo por nos nen por outros en iuyso nen fora del. Et por que esto
seia çerto et non vena en dulta nos anbas las partes rogamos a
Affonso Ferrnandes, notario publico de Lugo, que fesese ende esta
carta et posese en ella seu nome et seu signal en testemoyo de
verdade, et que posese outra tal enno livro de nos, o cabidoo, et por
mayor firmidoe nos, o dito cabidoo, mandamos-la seellar de noso
seello pendente.
Que
foy feyta en Lugo viinte et nove dias d’abril, era de mill et
treçentos et noveenta annos.
Testemoyas:
don Vaasco Dias, juys de Lugo; et Johan Dias et Tomas Gonçalves et
Iohan Dias, sobrino do dayam, coengos de Lugo; et Iohan Ferrnandes,
coengo sobredito, et Diego Gomes, raçoeyro de Lugo; et Afonso
Ferrnandes, clerigo do dito coro; et Iacome Guillelmes, notario de
Lugo; et Domingo Martines da Crus, mercador, ts.
Et
eu Affonso Fernandes, notario publico ena çiudade de Lugo dado por
la autoridade do bispo desse lugar, a esto que sobredito he con as
ditas testemoyas pressente fuy, et por mandado do dito cabidoo et a
rogo do dito Iohan Fernandes, vigario do dito dayam, et do dito
thesoreyro, amiistrador sobredito, et do sobredito Aras Peres, esta
carta en mina pressença fis escrivir et puge aqui meu signal en
testemoyo de verdade.