E2-18
1435, maio, 11
A petición dos interesados e en vista das ameazas
proferidas por varias persoas, o corrixidor outorga seguro ao xuíz
Afonso Enríquez e aos que con el foran causantes da morte de Diego de
Alván cando este se lles resistiu tras ferir ao xuíz Pedro Fernández
despois de que este requisou as espadas que portaban o dito Diego de
Alván e o seu sobriño Gómez, contravindo a ordenanza vixente. (fols.
9-10)
Et logo en este dito día e ora e por estas tests., ennas ditas casas ante o dito correjedor, /o dito\ Afonso Anriques (juis diso)* e Pero Fernandes juises diseron diseron e notificaron ao dito correjedor que por rason que porlo señor obispo e conçello e por elles como juises fora ordenado e defeso que nenhuna persona de qual quer ley et estado e condiçon que seja non trouxese espada et se a trouxese que a perdese e joubese IX dias enna cadea et su outras (per)* pennas etç. segundo que estava dado (o pregon)* e ordenado mays conpridamente e dado o pregon sobre elo, e que o dito Pero Fernandes por tomar huna espada a Diego d’Alvan e a seu (conpaneiro)* /sobriño\ Gomes que os ditos (fol. 9)
Diego d’Alvan et Gomes, por les o dito juis /querer\ tomar as ditas espadas, que aderençaran a el et que le deran huna ferida enno rostro, a qual logo y mostrou, por lo qual o dito Afonso Anriques et outros omeens que con el foran, fora de pus lo dito Diego d’Alvan que dera a dita ferida ao dito juis, enno qual se defendera e se non quisera dar a prigon et ouvera çertas feridas de que morrera, por lo qual et por feryr ao dito juis el meresçia morte et devía de aver penna de morte, porlo qual os que foran en sua ocasyon non devian de aver penna alguna, e algunas personas desafiaran aos ditos juises e aos que con el foran et espyçialmente Alvaro de Seqeyros, por ende que pedian ao dito correjedor que os asegurase et tomase en seu seguro del rey noso señor, et que nenhun non fose ousado etç. Et logo o dito correge(dor) diso que mandava que andasen todos os que foran culpantes enna dita morte do dito Diego d’Alvan seguros porla dita çidade et que os tomava seu seguro, enparo et defendemento do dito señor rey, et que persona nenhuna non fose ousado deo faser mal nen matar etç. e qual quer que contra elo pasase etç. et esto por rason do dito delito que comemeteran contra o dito juis et por que el era enformado en el et que o mandava asy apregoar (fol. 9v)
etç. Et logo en este dito día e ora se deu pregon do seguro et en forma devida porla dita çidade et por Domingo Fernandes pregoeiro a pedimento /e mandado\ do dito correjedor enna Praça do Canpo e Crus dos Ferreiros et enna do Pescado. Tests. Alvaro Vasques, Gonçalvo Rañooa et Ares alfayate, Rodrigo de Touro, Garçia Dias de Cadorniga et Alvaro de Sobrado.