GMH/ÍNDICE A-Z

G-C2
1447, decembro, 18
Álvaro Gómez de Escalona, chantre e provisor, con poder do bispo, afora a perpetuidade a Pedro Xaneiro, morador en Sobrado, un anaco de monte e herdade, por oitava de viño e composta, coa condición de poñer polo menos dez cavaduras de viña en catro anos. (fols. 1v-3)

Feita e dada. Carta de Pero Janeiro.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Alvaro Gomes d’Escalona, chantre ennas iglesias de Ourense e de Mondonedo, bacheller en decretos, provisor, lugar tenente, vigario jeeral enna dita iglesia, çidade et obispado d’Ourense por lo moyto honrado padre et señor don frey Pero de Silva por la graça de deus et da santa iglesia de Roma obispo d’Ourense, por poder que ey do dito señor obispo, dou et outorgo aforo a vos Pero Janeiro que sondes presente e a vosa moller Lionor Fernandes que non he presente, moradores enna freigesia de (...) de Sobrado et a todas vosas voses vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huun pedaço de monte et erdade que j(az) onde chaman o Gardal, que he da mesa obispal do dito señor obispo, do qual vos aforo ata dez cabaduras ou mays se mays poderdes poer, o qual dito monte et erdade parte de huna das partes con souto de Joan Carballo et fere en viña de Vasco Ramos et parte enno camiño publico que vay para a dita aldea. Aforo vos o dito monte erdade con todas suas entradas et seydas e dereitos et jures et perteesças por hu quer que os ajan et deva aver de dereito, por taes condiçoes, que ponades enno dito monte e erdade as ditas dez cabaduras de viña ou mays se mays poderdes faser en estes quatro annos primeyros sigentes et que labredes e paredes ben a dita leira de viña et a mante-(fol. 1v)
nades en boon revor en tal maneira (...) non desfalesca por mingoa de lavor (...) boon paramento et que façades vos et as ditas vosas voses ao dito señor obispo et seus suçesores foro de oytava de todo o viño et conposta que deus en (elles)* der /enna dita leira de viña\ et daredes a conposta enna vi(ña) et o viño branco enno lagar, a qual novidade colleredes por mayordomo do dito señor obispo et de seus suçesores, ao qual proveeredes de comer et de beber cumunalmente en (...) collerdes a dita novidade, et do al que ajades a dita leira de viña de dise(mo) a deus (...) et quite de todo outro trebuto (...) alguun et se vos ou a(...)as (...) quiserdes vender, deytar ou supi(norar) a dita viña et erdade que primeiramente frontedes con ela ao dito señor obispo et seus suçesores para que a ajan por lo justo preço que vos outro por ela der ante que a outro alguun, segundo que o dereito manda en tal caso, outrosy non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna /porla dita leira de viña\ a outra iglesia nen mosteiro nen persona nen santuario alguun salvo aa mesa obispal do dito señor obispo, et seeredes vos et as ditas vosas voses vasallos serbentes e obedientes et non vos chamaredes a outro senorio, et se pleyto ou contenda recreçer ontre o dito señor obispo et seus suçesores (fol. 2)
(...)s et vosas voses sobre rason da dita (...) viña e erdade et aforamento (...) tomados et escollidos dous omes boons benefiçiados do cabido da dita iglesia d’Ourense a praser das partes para que o libren et determinen como quiseren et por ben teveren ou como acharen por dereito et toda outra apelaçon remota, et se estas condiçoens non conprirdes que percades por eso a dita viña (et) erdade et aforamento et o dito señor obispo et seus suçesores a posan reçeber por sua autoridade pr(...), et obrigo os beens da mesa obispal (do) dito señor obispo para vos faser (...) pas a dita leira de viña et para (vos) defender con ela a dereito. Et eu o dito Pero Janeiro que soon presente por min et por la dita miña moller que non he presente et por todas nosas voses asy o outorgo et reçebo en min aforado o dito monte et erdade de vos o dito Alvaro Gomes chantre et provisor en nomme do dito señor obispo porlas maneiras et condiçoens que ditas son, et para poer de viña as ditas dez cabaduras ou mays se mays poder faser ennos ditos quatro annos et faser o dito foro de oytava et conprir et agardar todas las cousas et condiçoens que en esta carta son contiundas et cada huna delas obrigo a elo todos meus beens e da dita miña moller, movelles e reises, avidos et por aver, et qual quer de nos as ditas partes (fol. 2v)
que contra esto for ou pasar et o non (...) et agardar que peyte aa parte agar(dante) por nomme de pena, pustura et (intere)se quiñentos mrs. de boa moe(da, et) a dita pena pagada ou non esta carta et as (...) en ela contiundas fiquen firmes et vallan para senpre. Feita a carta enna çidade d’Ourense, des et oyto dias do mes de desenbro do dito anno de XLVII. Tests. que foron presentes Gil Fernandes raçoeiro enna dita iglesia, Joan Esteves clerigo, Gonçalvo piliteiro e Ares de S(anin).