G-F1
1487, febreiro, 2
Xoán García e a súa muller, Inés Pérez, subaforan a
Gómez Faxa e Xoán Martínez un monte, coa condición de plantalo
novamente de viña, por renda anual dun puzal de viño branco e pagarán ao
bispo o foro de nona e medio carreto. (fol. 1)
(...) a nosos beens e de nosos herdeiros para que vos e vosas vozes sejades defesos e anparados a dereito con esto que vos asy aforamos e vos seja feito saao e de pas. E nos os ditos Gomes Faja e Juan Martines que soomos presentes, por nos e en nomme das ditas nosas molleres e de nosas vozes, cada hun enna sua meta-de, asy o outorgamos, e reçebemos aforados de vos os ditos Juan Garçia e Ynes Peres vosa moller o dito monte de suso declarado e demarcado, porlas maneiras e condiçoons que ditas son e cada huna delas, e para o asy teermos, conplirmos e aguardarmos e o labrar e reparar e poer e plantar novamente de viña o dito monte segundo e como dito he e pagar ao dito señor obispo o dito foro de nona e medio carreto e a vos os ditos Juan Garçia e vosa moller e herdeiros o dito puçal de viño branqo de lagar, e conprir e aguardar en todo e por todo as condiçoons desta carta e cada huna delas, obligamos a elo a todos nosos beens e das ditas nosas molleres e vozes, mobles e rayses, avidos e por aver, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar e o asy non conprir e aguardar, que peyte de penna a parte aguardante mill mrs. vellos, e a dita penna pagada ou non esta carta de aforamento e as cousas en ela contiudas fiquen firmes e vallan en sua revor. Que foy feito e outorgado enna çibdade d’Ourense a dous dias do mes de febreiro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e oytenta e septe annos.
Tests. que a elo foron presentes Fernan Ferro mercador e Diego Fernandes da Rua Nova e Lopo de Canpo Ramiro açacalador, vesiños da dita çibdade.
Esta ora quedou en condiçon que os sobre ditos non pagen a dita dereitura ao dito Juan Garçia doje en dous annos segentes. (fol. 1)