F-D3
1484, xaneiro, 8
[Repetición da devandita confirmación e codicilo]. (fol. 9-9v)
Et despoys desto, a oyto dias do mes de janeiro, duas oras da noyte do dito dia /pouco mays ou menos\ do anno de oytenta e quatro anos, dentro ennas ditas casas do dito Pero de Santo Andre, que son enna dita aldea de San Çibraao, couto (da Trinidade)* da dita iglesia da Trinidad /da dita çibdad\ o dito Pero de Santo Andre, jasendo doente de dita doença, diso que confirmaba o dito testamento e ho aprobaba et mandaba que valese en juisio e fora del (e)* /segundo en el se contina, e querendo en el emendar e correger por via de codiçillo que (le)*\ leixaba por conpridor do dito seu testamento Afonso Gonçalves, mercador vizino da dita aldea de San Çibraao, para que fesese conprir o dito seu testamento aos ditos seus herdeiros e que lle mandaba por seu traballo huna dobra douro (etç.)*
Iten mando a mina criada Tereija dous mill pares de brancas para casa-mento. Iten mando que a dita mina muller Aldonça Rodrigues que teña en sy todo
o diñeiro e do vyño e de outras cousas que teemos e que ela o gaste e conpridas minas honras e misions et garde todo o restante e que os gaste por sua anima e por la miña (...)* /(...)\. Iten me debe Joan de Santiago, morador en Vigo, çento e trinta e sete mrs. vellos. Iten me debe Gonçalvo de Vilagudin qatorse mrs. vellos, morador enno alfoz de Sarrea. Iten me debe Joan de Vilagudyn oytenta mrs. Iten me debe Roy Muniz dosentos e XX.- Iten me deben (...) herdeiros de Joan do Pyneiro, morador en San Cristo(bo) de Martin, dous caldeyros de viinte e tres çaremins, os quales me debia o dito Joan do Pyneiro defunto e eu reçeby del çen(to) e çinqoenta mrs. vellos. Iten me debe Joan de (fol. 9)
Caleja viscayño çento e noventa e quatro mrs. (vellos)*. Testamento de Pero de Santo Andre de San Çibraao. Tests. que foron presentes (Meendo) Patyño, raçoeiro da iglesia d’Ourense e capelan da Trinidad, e (Gonçalvo) Rodrigues e Estevo do Curral, moradores enna dita aldea de San Çibraao, e Afonso Martis, morador en Giestosa, e Pero d’Outurelo, criado do dito Joan de Lemos canonigo. (fol. 9v)