Ares López, pedreiro de Pontevedra, obrígase a construir para Pero Cruu o vello, veciño da vila, unha capela en pedra tallada de nome Santa Catalina, no mosteiro de San Francisco, pola que Pero Cruu pagará 1.500 mrs.
(ff. 6-6 v)
En este dia, Sabean todos que eu Ares Lopes, pedreiro, besiño da villa de Pontevedra que soo presente prometo et outorgo et me obligo va vos Pero Cruu o vello, besiño// da dita villa, que sodes presente, que eu faça de pedra tallada et de arquos et de bobeda a capela de Santa Catalina do monesterio de San Françisco da dita villa, a qual dita capela de Santa Catalina asi ey de faser a tamaña do grandor et tan fremosa et tal como a outra capela de Santa Maria do dito mosteiro que eu fise a vos o dito Pero Cruu, a qual asi ha de seer feita a ben vista de mesteirãas. Et debo de faser mas sobre las ditas capelas hũu peituril con suas almenas et de duas bistas en alto. Et outrosi debo de faser mas hũu arquo de fora da dita capela en que seja o moymento da moller de Sueiro Eans de Parada, et por esto et por meu afan et para carretar a pedra et para ferramenta et para outras cousas que son neçesarias que eu de mester para dita obra dous mill et quinentos mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quais me devedes pagar en esta gu: logo como começar a labrar quinentos mrs. da dita moeda e os outros segun for labrado et mais por quanto os fraires et convento do dito mosteiro bos dan a pedra da capela que esta de fora devoa eu de tomar en conto de mĩa paga a como diseren dous mesteirãas sen sospeita de ela baluer, et mas ma deve dar o dito convento pedra da dita capela que asi esta de fora a que se fezer mester para o arquo que asi ey de facer de fora da dita capela nova sen dineiro et mas me deve o dito convento de dar de comer a min et ao que comigo estever en quanto eu feser labrar o dito arquo et eu devo de vos dar a dita capela feita et acabada en todo o mes de janeiro primeiro de este ano primeiro que verra de mill et quatroçentos et treenta et cuatro anos et eu o dito Pero Cruu que asi soo presente, asi outorgo et resçebo, o qual todo como dito he deve de seer conprido et agardado ontre nos os ditos Pero Cruu et Ares Lopes que asi somos presentes et nosas vozes aa boa fe de Deus e sen mao engaño et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligamos et so pena de tres mill mrs. da dita moeda que outorgamos que peite et page por pena a parte de nos que asi non touver aa parte ou pastes de nos que o asi touveren etc... a pena etc... todavia etc.. . que foi outorgada ẽno mosteiro dias, mes sobreditos. Testemoyas. Martin Freire, Rui de Nogueira et o (ilexible) do frey Martin da Veiga et o doutor frei Juan Poenta et o gardian frei Fernando de Minoferral et Juan de Nogueira medidor do sal et Alvaro Nabeiro criados do dito Pero Cruu et outros.