GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

342
1358, decembro, 2
foro

Os clérigos do coro afóranlle a tres voces a Fernando Pérez, capelán de Santa Eufemia, un sobrado de cámara na rúa da Praza por 18 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 15

Sabbean quantos esta carta viren que en presença de min Nuno Anes notario publico da çibdade d’Ourense polo bispo e pola igleia dese lugar, estando enna igleia catedral de San Martiño enna cappella de San Johane, Garçia Anes e Lourenço Fernandes clerigos procuradores da huniversidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense et Tome Anes cappellan da cappella de Santa Ouffemea et Domingo Peres e Apariço Anes e Gonçalvo Peres et Gomes Peres Guerreira dobreiros da dita igleia d’Ourense et Fernan de Paz cappellan da dita cappella de San Johane et a mayor parte dos clerigos do dito coro juntados aa seyda duna minssa de Sant Andre et estando y presente Fernan Peres cappellan da dita cappella de Santa Ouffemea, et logo os ditos Domingo Anes et Lourenço Fernandes procuradores sobre ditos con outorgamento destes dobreiros e cappellaens e clerigos sobre ditos, deron e outorgaron a foro ao dito Fernan Peres e a tres vozes quaes el nomease apus sua morte, asy que a primeira nomee a segunda et a segunda nomee a terçeyra et asy vaa huna pus outra susçesive, huun sobrado de camara que está enna rua da Praça ennas casas que Lourenço Periquino dobreiro que foy da dita igleia d’Ourense mandou aa dita huniversidade, o qual sobrado esta sobre a cassa en que agora mora Gonçalvo Garçia home de dom Beltran Beltranes arçidiago de Baronçelle assy ennas que entran pella esquerda por que van aos ditos sobrados a primeira que se seguen por condiçon que a reparedes et adubedes daquelo que lle conprir enno dito tenpo, et dedes vos e as (vosa)s voses cada anno en salvo ao moordomo que pollo tenpo for da dita huniversidade dez et oyto libras de brancos desta moeda que oora corre de que contan quareenta par de diñeiros por tres libras aos terços do anno. Pero he posto que se a dita cassa desffalesçer por trave ou por parede enno dito tenpo que a dita huniversidade que a correga et repare dello. E obligamos os beens da dita huniversidade para vos anparar e deffender a dereito con a dita camareta que vos afforamos segundo sobre dito he. Et eu o dito Fernan Peres por min e polas ditas vozes asy reçebo de vos os ditos procuradores a dita camareta que me aforades segundo sobre dito he. Et para reparar e pagar e conprir e agoardar segundo sobre dito he obligo todos meus beens gaañados e por gaañar aa dita huniversidade. Et he posto que se vos ou as ditas vozes quiserdes vender, deytar ou sub pinorar a dita camareta que a vendades ou deytedes ou sub pinoredes ante aa dita huniversidade ca a outre ninhuun polo justo preço, et se a dita huniversidade asy non quiser que vos ou as ditas vozes a posades deytar, vender ou sub pinorar a atal pesoa que seia semellavel de vos et pague e conpra e agoarde as condiçoens sobre ditas. Et outrossy he posto que qual quer das partes que contra esto que sobre dito he quisser passar que peyte aa outra parte que en elo quiser estar et o quiser conprir e agoardar por nome de penna çem mor. da boa moeda, et a penna pagada ou non que esta carta e aforamento sobre dito fique firme e vala para senpre. Feita a carta en Ourense, dous dias do mes de dezenbro, era de mill e trezentos et noveenta e seys annos. Testemunyas que presentes foron Johan Martines moordomo do cabidoo, Pero Anes e Garçia Peres, Lourenço Anes de Canbeo, Martin Fernandes, Gomes Anes, Pero Garçia clerigos do dito coro e outros.

Et eu Nuno Eanes notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia dese lugar que a esto presente foy e en myña presença o fige escripvyr e meu nome e signal y puge em testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de foro das casas da Praça.