GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-8
1436, abril, 24 e 30 / maio, 9 e 27
Concello e Cabido contratan ata Entroido cos carniceiros o abastecemento de carne á cidade, a razón dun boi ou vaca cada un semanalmente, prohibíndolles o exercicio do oficio aos que non o asinen. (fols. 4v-5v)

Obrigaçon dos carniçeiros.

Anno do naçemento do noso señor do noso señor Ihesu Cristo de e mill et quatroçentos et triinta et seys annos, viinte e quatro dias do mes de abril, enna çidade d’Ourense, enna capela de San Joan, presentes y en cabiidoo e conçello Fernando Anes arçediano de Castela enna iglesia d’Ourense e Martin Sanches abade da iglesia da Triindade da dita çidade e provisores e vigarios jeeras de don Diego obispo d’Ourense, et Loys Gonçalves e Afonso Anriques juises da dita çibdade e Goterre Afonso rejedor et Estevo Fernandes rejedores da dita çibdade, Afonso de Meende procurador do dito conçello e parte dos vesiños da dita çibdade, outrosy estando y presente Joan de Deus, Joan Garçia, (G)* Joan Oveleiro carniçeiros, logo foy ordenado porlos ditos señores por mandado de noso señor obispo d’Ourense e cabiidoo e conçello que se fesese ordenança dos carniçeiros en esta maneira que se sige: que todoslos carniçeiros que quisesen matar carne que se obrigasen de a matar doje fasta dia dentroydo primeiro sigente et cada carniçeiro que a quisese matar que se obrigase de dar cada somana huun (boy)* boy ou vaca, sopenna de seys mrs. por cada somana se o non dese /o que se quisese obrigar/ et que (os)* outros nehuuns carniçeiros nen personas (fol. 4v)
nehuuns non matasen carnes nehunas de boys nen de vacas nen carneiros nen roxellos nen cabyrtos nen porcos nen carnes nenhunas salvo os que se obrigasen et matandos que perqan as carnes et paguen LX.- vellos de penna (et jasam XX dias enna cadea)*, para o qual diseron que mandavan dar pregon et todos asy consentiron et tests. que foron presentes Afonso Fernandes, Rodrigo Fernandes, Afonso Anes da Lagea, Meen Suares e Afonso de Betanços.
Estes son os carniçeiros que se logo y obrigaron enno dito conçello per ante as ditas tests.: primeiramente
Joan Fernandes carniçeiro
Joan de Deus
Joan Oveleiro
Joan Garçia (Garçia)*
Martin Peres de Trella
Affonso Caldellas
por sy et por tres
/(onde) se obrigou Afonso Caldellas por sy por Joan d’Arçua
Gonçalvo Yanes et Roy de (Pazio)\
Joan d’Arçua.
Pero do Tiollo se obrigou. Tests.
Loys Gonçalves, Afonso Anriqes, Afonso de Betanços
a XXX de abril.
(Gomes Roges se obrigou en
este dia e por estas tests.)*
Lourenço Domingues
Gonçalvo de Toen se obrigou por estas
tests. en este día (fol. 5)
Afonso Fernandes criado de Martin Peres
se obrigou en este día. Tests. Joan Garçia
carniçeiro e Rodrigo escripvan.
Iten Joan de Çea se obrigou
perante os juises e rejedores.
Iten Fernan Branco. Tests. Afonso Anriques
e Pero Dias e Afonso de Meende.
Iten Pero de Barreiros obrigado
a IX de mayo. Tests. Gonçalvo Yanes, Alvaro de Seqeiros.
Fernando Branco se obrigou por Afonso Peres
iten se obrigou mays Fernando Anes.
A XXVII dias do dito mes se deu pregon porla dita çibdade aos ditos carniçeiros enna maneira sobre dita. Tests. Martin Peres, Joan Garçia, Joan de Deus, Loys Gonçalves, Gomes Ares. (fol. 5v)